Educational guide 2023_24
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos
 Materias
  SIX e ordenación do territorio
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición por parte do profesorado dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio que o/a estudante ten que desenvolver
Resolución de problemas Actividade na que se formulan problema e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumnado debe desenvolver as solucións adecuadas ou correctas mediante a exercitación de rutinas, a aplicación de fórmulas ou algoritmos, a aplicación de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados.
Prácticas con apoio das TIC Actividades de aplicación dos coñecementos a situacións concretas e de adquisición de habilidades básicas e procedimentales relacionadas coa materia obxecto de estudo. Actividades de aplicación do coñecemento nun contexto determinado en relación coa materia a través do TIC.
Traballo tutelado O alumnado elabora un documento traballa en grupo sobre a temática da materia e prepara memorias, resumos de lecturas que se presentan na aula
Cartafol/dossier Recompilación do traballo individual do alumnado co obxectivo de demostrar os seus esforzos, progresos e logros na área da materia.
A recompilación debe incluír tanto contidos propostos polos docentes como outros elixidos de forma autónoma, explicando os criterios de selección e evidencias de autorreflexión.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000