Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos
 Materias
  Procesos de recuperación de menas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Os contidos teóricos impartidos na aula durante o curso son avaliados mediante cuestionarios tipo test e mediante a resolución de casos prácticos. A puntuación máxima que pode alcanzarse é un 2 sobre 10.

Avalíanse os seguintes resultados previstos na materia: 1) Dominar o fundamento teórico e práctico das diferentes técnicas dispoñibles para a concentración de menas, coñecendo os aspectos clave para a selección, deseño e cálculo dos diferentes sistemas de concentración existentes. 2) Recoñecer as necesidades de equipamento e procesos necesarios para acometer o tratamento dun determinado mineral de mina para a recuperación dunha mena específica.
20 B1
B2
B3
B4
B5
B6
B8
C34
C35
C41
D1
D2
D3
D7
D8
Resolución de problemas Ao longo do curso, o alumnado deberá resolver un BOLETÍN DE PROBLEMAS, os cales se traballan previamente na aula, que será avaliado até un máximo de 2 puntos sobre 10 da nota global.

Avalíanse os dous resultados previstos na materia: 1) Recoñecer as necesidades de equipamento e procesos necesarios para acometer o tratamento dun determinado mineral de mina para a recuperación dunha mena específica e 2) Dominar o fundamento teórico e práctico das diferentes técnicas dispoñibles para a concentración de menas, coñecendo os aspectos clave para a selección, deseño e cálculo dos diferentes sistemas de concentración existentes.
20 B1
B2
B3
B4
B6
C34
C35
C41
D1
D3
D6
D7
Prácticas de laboratorio Na avaliación terase en conta a asistencia ás prácticas de laboratorio e o aproveitamento das mesmas, a través da entrega dun boletín da experiencia e a corrección do mesmo. A nota desa metodoloxía será como máximo de 1 punto sobre 10.

Avalíase o resultados previstos na materia 1) Recoñecer as necesidades de equipamento e procesos necesarios para acometer o tratamento dun determinado mineral de mina para a recuperación dunha mena específica.
10 B1
B2
C34
C35
C41
D1
D3
D4
D5
D7
D8
Exame de preguntas obxectivas A destreza no cálculo de ratios e no razoamento dos resultados obtidos baixo diferentes supostos, aspectos que se traballan nas sesións de prácticas, nos casos de estudo en aula e nos exemplos das saídas de estudo, avalíanse mediante unha proba obxectiva que ten un peso na avaliación final de 2 sobre 10.

Avalíase o resultados previstos na materia 2) Dominar o fundamento teórico e práctico das diferentes técnicas dispoñibles para a concentración de menas, coñecendo os aspectos clave para a selección, deseño e cálculo dos diferentes sistemas de concentración existentes.
20 B1
B2
B3
B4
B5
B6
B8
C34
C35
C41
D1
D2
D3
D6
D8
Exame de preguntas de desenvolvemento A destreza na resolución de problemas de carácter práctico (dimensionamiento de equipos, cálculos de recuperación e leis en procesos de clasificación e de separación) avalíase mediante unha proba escrita que ten un peso de 3 puntos sobre 10.

Avalíanse os dous resultados previstos na materia: 1) Recoñecer as necesidades de equipamento e procesos necesarios para acometer o tratamento dun determinado mineral de mina para a recuperación dunha mena específica e 2) Dominar o fundamento teórico e práctico das diferentes técnicas dispoñibles para a concentración de menas, coñecendo os aspectos clave para a selección, deseño e cálculo dos diferentes sistemas de concentración existentes.
30 B1
B2
B3
B4
B5
B6
B8
C34
C35
C41
D1
D2
D3
D6
D7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua (EC), primeira oportunidade

Nesta modalidade, as actividades para realizar son:

  1. avaliación dos contidos de lección maxistral a través de cuestionarios tipo test realizados durante todo o cuadrimestre (2 puntos). Para que esta actividade compute na avaliación, débese obter polo menos 1.2 puntos sobre 2.
  2. entrega de boletín de problemas segundo o traballado en aula durante todo o cuadrimestre (2 puntos). Para que esta actividade compute na avaliación, débese obter polo menos 1.2 puntos sobre 2.
  3. asistencia a prácticas de laboratorio (fixadas en calendario) con entrega de exercicio resolto (1 punto). 
  4. resolución de exercicio práctico (proba obxectiva) sobre cálculo de ratios (2 puntos).
  5. resolución de exercicios de dimensionamiento de equipos, cálculo de rendementos en procesos de clasificación e de concentración (exame de preguntas de desenvolvemento) (3 puntos).

A actividade 5 realízase na data oficial que estableza o centro para a primeira oportunidade.

Avaliación continua (EC), segunda oportunidade

Lévase a cabo nos mesmos termos que a EC en primeira oportunidade, salvo o que respecta a:

a) Prácticas de laboratorio. Ao tratarse de sesións fixadas en calendario, non é posible repetilas. Se non se asiste nas datas oficiais, ofrécese a posibilidade de entregar igualmente o exercicio realizado, pero a non asistencia (sen xustificación) penaliza a nota desta actividade en 0,5 puntos.

b) Cuestionarios tipo test e boletín de problemas: se non se alcanza a nota mínima de 1,2 puntos nalgunha destas dúas actividades, ofrécese a oportunidade de repetir as entregas para superar a nota mínima.

As datas e os lugares do exame pódense consultar na páxina web do centro: http://minasyenergia.uvigo.es/gl/docencia/exames

Avaliación global (EG), primeira e segunda oportunidades:

O alumnado pode renunciar á avaliación continua, o que deberá comunicar canto antes ao profesorado respectando os prazos indicados na normativa vixente. Se se renuncia á EC, o alumnado será avaliado na data oficial de avaliación mediante unha proba escrita que cubra todos os contidos da materia.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000