(*)
Grao en Enxeñaría da Enerxía
No Grao en Enxeñaría da Enerxía formamos
profesionais que contribúen a alcanzar un dos obxectivos de desenvolvemento sustentable
da Axenda 2030: garantir o acceso universal aos servizos de enerxía, acoutando
os efectos que sobre o clima teñen a produción e uso de enerxía.
Para dar resposta a esta
necesidade impartimos o Grao en Enxeñaría da Enerxía, única titulación de grao en Galicia.
Formamos enxeñeiros e enxeñeiras capaces de deseñar, optimizar e dirixir técnicamente
os procesos tecnolóxicos do sector enerxético: desde a xeración da enerxía ata
o nivel do usuario de enerxía térmica ou eléctrica (produción, almacenamento,
transporte, distribución, mercados). No contexto actual ten especial relevancia
a formación en dous ámbitos: (i) tecnoloxías de xeración de enerxías renovables
(enerxía eólica, xeotérmica, hidroeléctrica, mareomotriz, solar, undimotriz, biomasa
e biocarburantes, entre outras) e (ii) procesos tecnolóxicos asociados á
eficiencia enerxética