Educational guide 2023_24
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Grao en Enxeñaría da Enerxía
 Materias
  Matemáticas: Cálculo II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Proba Parcial 1 (temas 1 e 3), PP1 30%.
Resultados previstos na materia: Dominar as técnicas básicas do cálculo integral e as súas aplicacións. Comprender os fundamentos básicos da teoría da integración de funcións dunha e varias variables.

Proba Parcial 2 (temas 4 e 5), PP2 25%.
Resultados previstos na materia: Manexar as técnicas elementais de integración de ecuacións diferenciais ordinarias.
55 C1
C7
D5
Prácticas con apoio das TIC Práctica 1 (tema 2), PR1 2.5%.
Resultados previstos na materia: Dominar as técnicas básicas do cálculo integral e as súas aplicacións (cuadratura numérica para a integración en R).

Práctica 2 (tema 6), PR2 2.5%.
Resultados previstos na materia: Manexar as técnicas elementais de integración de ecuacións diferenciais ordinarias (métodos numéricos).
5 C9
D5
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba final (temas 1, 3, 4, 5 e 7), PF 40%.
Realizarase un exame ao final do cuadrimestre na data oficial fixada
polo centro. http://minaseenerxia.uvigo.es/gl/docencia/exames/
Resultados previstos na materia: Dominar as técnicas básicas do cálculo integral e as súas aplicacións. Comprender os fundamentos básicos da teoría da integración de funcións dunha e varias variables. Manexar as técnicas elementais de integración de ecuacións diferenciais ordinarias.
40 C1
C7
C9
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Consideracións sobre a avaliación continua (primeira oportunidade)

Cada alumno ou alumna obtén unha nota de avaliación continua resultante de sumar as cualificacións das dúas probas parciais e das dúas prácticas realizadas durante o curso, e a nota da proba final

NEC=PP1+PP2+PR1+PR2+PF.

Para superar a materia deberá acadarse un mínimo de 5 puntos.

O sistema de avaliación por defecto é a avaliación continua. Tras a Proba Parcial 1 (PP1), habilitarase un período no que se poderá solicitar a renuncia á avaliación continua para pasar á avaliación global. Neste caso, prescinde das cualificacións obtidas nas probas realizadas ata ese momento.

Segunda oportunidade

(convocatoria de xullo):

No exame oficial desta convocatoria, cada alumno poderá elixir entre as seguintes opcións:

• Manter as cualificacións obtidas nas 4 probas de avaliación continua e realizar a proba final da segunda oportunidade (PF2, 40%). Esta proba será análoga á Proba Final de PF da primeira oportunidade e a nota obtida, PF2, substitúe a PF no cálculo da nova cualificación de avaliación continua

NEC=PP1+PP2+PR1+PR2+PF2.

• Renuncia ás cualificacións obtidas no proceso de avaliación continua e pasa ao sistema global de avaliación.

Avaliación global:

O alumnado que renunciase á avaliación continua deberá realizar un exame nas datas oficialmente establecidas polo centro nas que se avaliarán os contidos tratados en todas as metodoloxías. Esta proba será similar á Proba de Avaliación Continua Final pero máis extensa e poderá incluír preguntas sobre todas as materias e sobre as prácticas.

Este exame valorarase con 10 puntos e para superar a materia deberase acadar un mínimo de 5 puntos.

Calendario de exames: consultar/consultar actualizacións na páxina web do centro http://minaseenerxia.uvigo.es/es/docencia/examenes

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000