Código |
Descrición |
C22 |
Coñecemento sobre sistemas eléctricos de potencia e as súas aplicacións. |
C23 |
Capacidade para o deseño de centrais eléctricas. |
C28 |
Enerxías alternativas e uso eficiente da enerxía |
C30 |
Coñecemento aplicado sobre enerxías renovables |
C31 |
Loxística e distribución enerxética |
C32 |
Aproveitamento, transformación e xestión dos recursos enerxéticos |
C33 |
Industrias de xeración, transporte, transformación e xestión da enerxía eléctrica e térmica. |
D1 |
Capacidade de interrelacionar tódolos coñecementos adquiridos, interpretándoos como compoñentes dun corpo do saber cunha estrutura clara e unha forte coherencia interna. |
D3 |
Propor e desenvolver solucións prácticas, utilizando os coñecementos teóricos, a fenómenos e situacións-problema da realidade cotiá propios da enxeñaría, desenvolvendo as estratexias adecuadas. |
D5 |
Coñecer as fontes necesarias para dispor dunha actualización permanente e continua de toda a información precisa para desenvolver o seu labor, accedendo a todas as ferramentas, actuais e futuras, de procura de información e adaptándose aos cambios tecnolóxicos e sociais. |
D6 |
Coñecer e manexar a lexislación aplicable ao sector, coñecer a contorna social e empresarial e saber relacionarse coa administración competente integrando este coñecemento na elaboración de proxectos de enxeñaría e no desenvolvemento de calquera dos aspectos do seu labor profesional. |
D7 |
Capacidade para organizar, interpretar, asimilar, elaborar e xestionar toda a información necesaria para desenvolver o seu labor, manexando as ferramentas informáticas, matemáticas, físicas, etc. necesarias para iso. |
D8 |
Concibir a enxeñaría nun marco de desenvolvemento sustentable con sensibilidade cara temas medioambientais. |