Convocatoria Ordinaria A cualificación será o 60% a nota do exame de teoría, o 20% a nota das prácticas, o 15% a nota de resolución de problemas realizados en clase e o 5% a memoria da saída de campo. Con obxecto de facilitar unha avaliación continua farase UNHA PROBA PARCIAL OPTATIVA que terá validez de exame final con NOTA VINCULANTE, de maneira que a cualificación obtida polos que se presenten a ela (sexa aprobado ou suspenso), será a nota a considerar na nota final, promediando coa obtida no exame do resto da materia que teña lugar na convocatoria ORDINARIA. Os que non se presenten á proba parcial examinaranse da materia completa na devandita convocatoria. Convocatoria Extraordinaria A cualificación será o 100% a nota do exame. Para poder examinarse en calquera das dúas convocatorias é necesario realizar as prácticas de laboratorio e entregar as súas correspondentes memorias e resultados. Admítense dúas faltas. Se non se superan consideraranse como non realizadas e se o alumno desexa presentarse a exame deberá realizar un exame específico de prácticas posterior ao teórico. A nota contará un 20% da nota final, calquera que sexa a convocatoria na que se presente. Para os alumnos repetidores, a validez das prácticas é dun curso académico sempre que estean aprobadas, neste caso, a nota de prácticas terase en conta na proba da convocatoria ordinaria. Non obstante os alumnos repetidores que así o desexen poderán repetilas facendo unha petición por escrito aos profesores. Calendario de exames: -Convocatoria Fin de Carrera: 16/09/2016 -Convocatoria ordinaria 2º período: 31/05//2017 -Convocatoria extraordinaria julio: 03/07/2017 Esta información pódese verificar/consultar de forma actualizada na
páxina web do centro: http://etseminas.webs.uvigo.es/cms/index.php?id=57 |