Probas parciais: Realizaranse dúas probas parciais con carácter
eliminatorio respecto ás convocatorias oficiais. Cada unha delas cun
peso relativo na cualificación final do 30%. Cada parcial constará de
preguntas de resposta curta e de exercicios para resolver cun peso
respectivo do 50%. Para sumar ambas as partes será necesario alcanzar,
polo menos, un 45% da cualificación en cada unha delas. Exame final 1ª convocatoria ordinaria:
Incluirá os contidos non avaliados nas probas parciais, cun peso
relativo na cualificación final do 30%; ademais cada alumno deberá
repetir a avaliación dos contidos non superados de forma parcial. Primeira edición da acta: Cando se aprobaran todas as probas parciais e o traballo de
laboratorio, a nota será a suma de todas as cualificacións. Noutro caso,
reflectirase unicamente a suma das cualificacións inferiores a 5,0 das
probas parciais. Os contidos aprobados e a nota de laboratorio
resérvanse para sumar á cualificación obtida na convocatoria
extraordinaria. Exame final convocatoria extraordinaria Xullo: O alumno deberá examinarse dos contidos non superados previamente. Segunda edición da acta: A cualificación obtida na convocatoria extraordinaria, sumarase á dos parciais aprobados e do laboratorio. Calendario de exames: - Convocatoria Fin de Carreira: 08/09/2017 - Convocatoria ordinaria 1º período: 15/01/2018 - Convocatoria extraordinaria xullo: 22/06/2018 Esta información pódese verificar/consultar de forma actualizada na páxina web do centro: http://minasyenergia.uvigo.es/gl/docencia/exames |