Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Máster Universitario en Avogacía e Procuradoría - Vigo
 Materias
  Prácticas Externas Básicas
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
B4 CON-04 Recoñecer as situacións de conflito de intereses que poden producirse na práctica profesional.
B5 CON-05 Identificar as técnicas de resolución de conflitos máis pertinentes en cada situación e contexto.
B7 CON-07 Determinar a instancia administrativa ou xurisdicional e a acción ou actuación procedentes para a defensa dos dereitos dos clientes.
B8 CON-08 Recoñecer o instrumento xurídico procedente para representar aos interesados ante terceiros, ante as administracións públicas e #ante os órganos xurisdicionais.
B9 CON-09 Identificar os actos xurídicos que requiran, para a súa eficacia, da intervención notarial e os que necesitan inscrición rexistral.
C2 HAB-02 Empregar convenientemente os métodos alternativos á vía xurisdicional para a resolución de conflitos xurídicos.
C3 HAB-03 Realizar eficaz e correctamente os actos de comunicación das partes no proceso.
C5 HAB-05 Aplicar as técnicas de resolución de conflitos máis pertinentes a cada situación e contexto, establecer o alcance do segredo profesional e preservar a independencia de criterio.
C6 HAB-06 Utilizar os procedementos, protocolos, sistemas e aplicacións xudiciais, que requiran os actos de comunicación e cooperación coa Administración de Xustiza con especial atención aos de natureza electrónica, informática e telemática.
C9 HAB-09 Desenvolver traballos profesionais en equipos especializados e interdisciplinares.
D3 COMP-03 Incorporar os dereitos e deberes deontolóxicos da persoa que exerce a avogacía ou a procura nas relacións con clientes, outras partes, tribunais, autoridades e outros profesionais.
D6 COMP-06 Expresarse oralmente e por escrito, de forma adecuada ao contexto e ás necesidades ou características especiais de cada destinatario/a, e extraer das feitos consecuencias xurídicas de forma argumentada, en todos os ámbitos procedementais.
D7 COMP-07 Interactuar de forma apropiada cos/as cidadáns/as, institucións e outras persoas profesionais.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000