Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Máster Universitario en Avogacía e Procuradoría - Vigo
 Materias
  Práctica Penal II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Valorarase a asistencia regular do alumnado aos seminarios e a súa participación nos debates que se establezan na clase 20 B5
Exame de preguntas obxectivas Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta. O alumnado selecciona unha resposta entre un número limitado de posibilidades. 40
Estudo de casos Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Probas para a avaliación que inclúen actividades, problemas ou exercicios prácticos a resolver. O alumnado debe dar resposta á actividade exposta, aplicando os coñecementos teóricos e prácticos da materia. 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para ter dereito a ser avaliado polo sistema de avaliación continua, o alumnado deberá asistir, polo menos, a un 75% das clases presenciais.


Primeira oportunidade de exame: 
1. O alumnado que se someta a avaliación continua será avaliado conforme aos criterios que se indicaron máis arriba: resultado da avaliación continua (20%), proba tipo test (40%), proba práctica relativa ao estudo de casos (40%).
 2. Para o alumnado que non se someta a avaliación continua, ou que quede excluído do devandito sistema, a súa cualificación estará integrada na súa totalidade polo resultado obtido nun exame final, que consistirá nunha proba teórico-práctica.

Segunda oportunidade de exame: 

1.  No exame de xullo o alumnado que se sometera ao sistema de avaliación continua conservará a nota que obtivera no curso.
2.- Para o alumnado que non se sometera a avaliación continua, ou que quedara excluído do
devandito sistema a súa cualificación estará integrada na súa totalidade polo resultado obtido nun exame final, que consistirá
nunha proba teórico-práctica.

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias serán as especificadas no calendario aprobado pola Xunta de Facultade.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000