Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Máster Universitario en Avogacía e Procuradoría - Vigo
 Materias
  Práctica Administrativa
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Avaliación continua que representa un 20% da nota. Valórase a asistencia e participación activa do alumnado nas actividades propostas polo profesorado na aula: redacción de traballos, resolución de problemas reais, etc., mediante o sistema de avaliación continua 20 B5
B7
B8
C1
C5
C7
C9
D2
D6
D7
Exame de preguntas obxectivas Parte da proba final que representa un 40% da nota orientada a comprobar a adquisición dos coñecementos e competencias precisos 40 B7
B8
C1
D2
Resolución de problemas e/ou exercicios Parte da proba final que representa un 40% da nota, orientada a comprobar a adquisición de destrezas e competencias polo alumnado á hora de resolver casos prácticos 40 B5
B7
B8
C1
C5
C7
C9
D2
D6
D7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para ter dereito a ser avaliado polo sistema de avaliación continua, o alumnado deberá asistir, polo menos, a un 75% das clases presenciais.

- Primeira oportunidade de exame: 

1. - O estudantado que se somete a avaliación continua será avaliado conforme aos criterios que se indicaron máis arriba: resultado da avaliación continua (20%), proba tipo test (40%), proba práctica relativa ao estudo de casos (40%). 

2. - Para o alumnado que non se somete a avaliación continua, ou que quede excluído do devandito sistema, a súa cualificación estará integrada na súa totalidade polo resultado obtido nun exame final, que consistirá nunha proba teórico-práctica, que terá que defenderse ante un tribunal integrado por tres profesores ou profesoras da materia

- Segunda oportunidade de exame:

1. - No exame de xullo o alumnado que se sometera ao sistema de avaliación continua conservará a nota que obtivera no curso.

2. - Para o alumnado que non se someta a avaliación continua, ou que quede excluído do devandito sistema a súa cualificación estará integrada na súa totalidade polo resultado obtido nun exame final, que consistirá nunha proba teórico-práctica, que terá que defenderse ante un tribunal integrado por tres profesores da materia.

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias serán as especificadas no calendario aprobado pola Xunta de Facultade.

Non está permitido levar ao exame ningún dispositivo electrónico.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000