Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Máster Universitario en Xestión e Dirección Laboral
 Materias
  Xestión Tributaria
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Valorarase a asistencia do alumno, así como, de maneira especial, a participación activa nas sesións, materializada na formulación de dúbidas ou cuestións relacionadas co temática obxecto de estudo. De igual modo, considerarase a realización de actividades de estudo ou análise de texto que se aconsellen como complemento das sesións maxistrais. 25
Exame de preguntas de desenvolvemento Realización dunha proba práctica final sobre o contido da materia 25 A5
Resolución de problemas e/ou exercicios Resolución de problemas por parte do alumno en base aos contidos da materia 25 A5
Exame de preguntas obxectivas Tipo test sobre o contido da materia 25 A5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os/as alumnos poderán optar por un dos seguintes sistemas de avaliación:

Avaliación continua. Para someterse ao sistema de avaliación continua, o/a
alumno/a deberá acreditar unha porcentaxe mínima de asistencia as sesións
presenciais. En caso contrario, sempre poderá acollerse ao sistema de
avaliación final.

 

Para superar a materia por avaliación contínua deben cumprirse tres condiciones:

1. Acreditar a asistencia ao 80% das sesións presenciais

2. Acadar alomenos un 25% da nota nas probas realizadas (examen de preguntas
de desenvolvemento, tipo test e resolución de problemas e/ou exercicios).

3. Obter alomenos 5 puntos na suma das metodoloxías de avaliación propostas.

 

A suxexión ao sistema de avaliación continua, mediante a realización de
tarefas e proba escrita sinaladas, non exclúe a posibilidade de someterse ao
sistema de avaliación final

 

b)Avaliación final. Aqueles alumnos que non se acollan ou que renuncien ao
sistema de avaliación continua, serán avaliados mediante un exame final
consistente nunha proba escrita, relativa a tódolos contidos, teóricos e
prácticos, da materia. Dito exame representará o 100% da nota final.

 

2ª CONVOCATORIA (xuño/xullo): Acudirán a convocatoria de xullo, aqueles
alumnos que téndose sometido ao Sistema de avaliación continua ou ao sistema de
avaliación final, non superaran a materia en primeira convocatoria, así como
quen non se presentara.

 

De ter optado polo Sistema de avaliación continua, as notas acadadas na
mesma conservaránse para a convocatoria de xuño/xullo. Agora ben, se o alumno
non supera a materia nesta última convocatoria, as citadas notas de avaliación
continua non se conservarán, debendo pois, ben someterse a un novo proceso de avaliación
continua, ben optar polo sistema de avaliación final.

 

OUTRAS INDICACIÓNS: O exame final terá lugar, nas distintas convocatorias,
na data, horario e lugar especificados no calendario de probas de avaliación
aprobado pola Comisión Académica para o presente curso académico. As
cualificacións publicaranse na plataforma interna ou aula virtual oficial da
Universidade de Vigo con acceso limitado ao profesorado da materia e ao
estudantado matriculado.

De ser necesario, por motivos excepcionais, modificar ou precisar os
métodos de avaliación sinalados na guía, tales modificacións ou precisións
publicaranse no mesmo soporte telemático. En todos os casos, as probas
realizadas permitirán avaliar o resultado de aprendizaxe.

Observación: Cualquier evidencia
de tareas plagiadas o copiadas, total el parcialmente, supondrá una
cualificación de 0.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000