Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Máster Universitario en Xestión e Dirección Laboral
 Materias
  Xestión da Prevención de Riscos Laborais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Valorarase a asistencia do alumno, así como, de maneira especial, a participación activa nas sesións, materializada no plantexamento de dúbidas ou cuestións relacionadas coa temática obxecto de estudo.Resultado de aprendizaxe: coñecer, comprender, interpretar e analizar a xestión da prevención de riscos laborais. 30 B1
B2
Estudo de casos Ao longo do período docente o alumno realizará dous exercicios prácticos relativos ós contidos da materia, representando cada un, un 15% da nota final. Resultado de aprendizaxe: coñecer, comprender, interpretar e analizar a xestión da prevención de riscos laborais. 30 A1
A2
A3
Exame de preguntas obxectivas O alumno realizará unha proba tipo test na que serán avaliados os seus coñecementos teóricos e prácticos da materia, para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas de elección múltiple. Os alumnos seleccionan unha
resposta entre un número limitado de posibilidades. Resultado de aprendizaxe: coñecer, comprender, interpretar e analizar a xestión da prevención de riscos laborais.
40 B4
B5
B6
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os exames de cada convocatoria terán lugar nas datas e horas indicadas no calendario oficial, debidamente publicado, aprobado pola Comisión Académica do Máster en Xestión e Dirección Laboral para o presente curso.


1ª CONVOCATORIA (xaneiro/febreiro):

Os/as alumnos poderán optar por un dos seguintes sistemas de
avaliación:

a) Avaliación continua. Para someterse ao sistema de avaliación
continua, o/a alumno/a deberá acreditar a asistencia a un 80% das sesións presenciais. En caso contrario, sempre poderá acollerse ao sistema de avaliación final.

A efectos de avaliación continua,
consideraranse os aspectos seguintes:

- Asistencia e participación
activa do alumno nas sesións: 30%

- Exercicios prácticos: 30%

- Proba tipo test: 40%

As tarefas e  proba de avaliación serán realizadas ao longo
do correspondente período de docencia. A
suxexión ao sistema de avaliación continua, mediante a realización de tarefas e
proba escrita sinaladas, NON EXCLÚE A POSIBILIDADE DE SOMETERSE AO SISTEMA DE
AVALIACIÓN FINAL

b)Avaliación final. Aqueles alumnos que non se acollan ou que renuncien ao sistema de
avaliación continua, serán avaliados mediante un exame final consistente nunha
proba escrita, relativa a tódolos contidos, teóricos e prácticos, da materia.
Dito exame representará o 100% da nota final.

 

2ª CONVOCATORIA (xuño/xullo):

Acudirán a convocatoria de xullo,
aqueles alumnos que téndose sometido ao Sistema de avaliación continua ou ao
sistema de avaliación final, non superaran a materia en primeira convocatoria, así como quen non se presentara.

De ter optado polo Sistema de
avaliación continua, as notas acadadas na mesma conservaránse para a convocatoria
de xuño/xullo. Agora ben, se o alumno non supera a materia nesta última
convocatoria, as citadas notas de avaliación continua non se conservarán,
debendo pois, ben someterse a un novo proceso de avaliación continua, ben optar
polo sistema de avaliación final.

OUTRAS INDICACIÓNS:

O exame final terá lugar, nas distintas convocatorias, na data, horario e lugar especificados no calendario de probas de avaliación aprobado pola Comisión Académica para o presente curso académico. As cualificacións publicaranse na plataforma interna ou aula virtual oficial da Universidade de Vigo con acceso limitado ao profesorado da materia e ao estudantado matriculado.De ser necesario, por motivos excepcionais, modificar ou precisar os métodos de avaliación sinalados na guía, tales modificacións ou precisións publicaranse no mesmo soporte telemático. En todos os casos, as probas realizadas permitirán avaliar o resultado de aprendizaxe.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000