Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Máster Universitario en Xestión e Dirección Laboral
 Materias
  Xestión da Prevención de Riscos Laborais
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudante. Atenderanse as necesidades e consultas do alumnado relacionadas co estudo e/ou temas vinculados coa materia, proporcionándolle orientación, apoio e motivación no proceso de aprendizaxe. As titorías do profesorado da materia e/ou o correo electrónico no que poden solicitarse poden consultarse na páxina
web da Facultade e/ou na páxina web do Máster, en función do docente da materia a quen se solicita orientación.
Estudo de casos Análise dun feito, problema ou suceso real coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipóteses, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, diagnosticalo e adestrarse en procedementos alternativos de solución. Atenderanse as necesidades e consultas do alumnado relacionadas co estudo e/ou temas vinculados coa materia, proporcionándolle orientación, apoio e motivación no proceso de aprendizaxe. As titorías do profesorado da materia e/ou o correo electrónico no que poden solicitarse poden consultarse na páxina web da Facultade, en función do docente da materia a quen se solicita orientación.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000