Estudo de casos/análises de situacións |
Valórase a preparación por parte dos alumnos/as dos casos presentados polo profesor e a súa participación nos debates que sobre eles se susciten na aula |
10 |
1. Para que o/a alumno/a sexa avaliado deberá asistir como mínimo ao 60% das clases. O/A alumno/a que puntualmente e por motivos xustificados non poida completar a asistencia ao 60% das clases, deberá poñerse en contacto co/a coordinador/a da materia, quen avaliará se a puntual falta de asistencia pode ser suplida polos métodos de avaliación que se lle indiquen.2. Pola asistencia á clase o/a alumno/a poderá obter ata un 40% da cualificación final. O 60% restante da cualificación final resultará da avaliación das actividades establecidas na Guía docente da materia.3. En segunda convocatoria, o/a alumno/a deberá entregar os traballos ou actividades esixidas na materia ao longo do curso, e ademáis deberá presentarse a unha proba final, teórica e/ou práctica. |