Educational guide 2023_24
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Máster Universitario en Menores en Situación de Desprotección e Conflito Social
 Materias
  O Menor como Vítima de Feitos Delitivos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas de forma autónoma Traballo autónomo consistente nun cuestionario de 50 preguntas tipo test, que o alumnado deberá entregar no prazo indicado pola docente, e referido a cuestións relativas aos contidos da materia.
20 C1
C2
C3
C4
C6
C7
C8
Lección maxistral Exposición por parte do profesorado dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, e participación activa do alumnado nas sesións presenciais. 40 C1
C2
C3
C4
C6
C7
C8
Traballo tutelado Elaboración, exposición oral e entrega dun traballo de investigación sobre un tema relacionado coa materia e proposto pola docente.
O traballo será elaborado en grupos de 2-3 persoas.
O alumnado contará con material de apoio que será proporcionado pola docente (bibliografía, fontes de información e outros materiais).
40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A) ALUMNADO SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA:

1º Para que o alumno/a sexa avaliado polo sistema de avaliación continua deberá asistir, como mínimo, ao 75% das sesións da materia. O alumno/a que puntualmente por motivos imprevisibles e debidamente xustificados non poida completar esta porcentaxe de asistencia, deberá comunicalo por escrito ao respectivo/a coordinador/a da materia, e este/a valorará se a puntual falta de asistencia pode ser suplida polos métodos de avaliación que se lle indiquen.

2º Pola asistencia a clase o alumno/a poderá obter ata un 40% da cualificación final. O 60% restante da cualificación final resultará da avaliación do traballo tutelado (40%) e do traballo autónomo do cuestionario tipo test (20%).

3º Na convocatoria extraordinaria, o alumno/a deberá entregar os traballos ou actividades esixidas na materia ao longo do curso e, ademais, terá que presentarse a unha proba final, teórica e/ou práctica que lle indicará o coordinador/a da materia.

B) ALUMNADO SISTEMA DE AVALIACIÓN NON CONTINUA:

O alumno/a que non asista ao mínimo do 75% das sesións da materia e que, no seu caso, non xustifique debidamente a falta de asistencia puntual e imprevisible, poderá obter o 100% da cualificación realizando unha proba final de avaliación, teórica e/ou práctica, que lle indicará o coordinador/a da materia, na convocatoria ordinaria e/ou extraordinaria fixada ao efecto, ademais de entregar os traballos ou actividades esixidas na materia ao longo do curso, se así llo indicara o coordinador/a da materia.

C) PROBAS DE AVALIACIÓN:

As datas e horarios das probas de avaliación especifícanse no calendario que para o curso aprobe ao efecto a Comisión Académica do Máster, que se publican na páxina web do título.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000