Guia docente 2012_13
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Máster Universitario en Menores en Situación de Desprotección e Conflito Social
 Materias
  Medidas de Protección do Menor en Situación de Risco e Desamparo
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumno debe desenvolver as solucións adecuadas ou correctas mediante a aplicación de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados.
Análisis dun feito, problema ou suceso real coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hìpóteses, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, diagnosticalo e adestrarse en procedementos alternativos de solución.
Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumno debe desenvolver a análise e resolución dos problemas e/ou exercicios de forma autónoma.
O estudante, de maneira individual ou en grupo, elabora un documento sobre a temática da materia ou prepara seminarios, investigación, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc.
Xeralmente trátase dunha actividade autónoma do/s estudante/s que inclúe a procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, redacción.
Actividades de aplicación dos coñecementos a situacións concretas e de adquisición de habilidades báseicas e procedimentais relacionadas coa materia obxecto de estudo. Desenvólvese a través das TIC de maneira autónoma.
Conferencias, charlas, exposicións, mesas redondas, debates...realizados por poñentes de prestixio, que permiten afondar ou complementar os contidos da materia.
60
Sesión maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudio, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudante.
Exposición por parte do alumnado ante o docente e/ou un grupo de estudantes dun tema sobre contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto. Pódese levar a cabo de maneira individual ou en grupo.
Charla aberta entre un grupo de estudantes. Pode centrarse nun tema dos contidos da materia, na análise dun caso, no resultado dun proxecto, exercicio ou problema desenvolvido previamente nunha sesión maxistral.
40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

    1º Para que o/a alumno/a sexa avaliado deberá asistir como mínimo ao 60% das clases. O/a alumno/a que puntualmente e por motivos xustificados non poida completar a asistencia ao 60% das clases, deberá poñerse en contacto con coordinador/a da materia, quen avaliará se a puntual falta de asistencia pode ser suplida polos métodos de avaliación que se lle indiquen.


    2º Pola asistencia a clase o/a alumno/a poderá obter ata un 40% da cualificación final.


    3º O 60% restante da cualificación final resultará da avaliación das actividades establecidas na guía docente da materia.


    4º En segunda convocatoria, o/a alumno/a deberá entregar os traballos ou actividades exisidas na materia ao longo do curso, e ademáis deberá presentarse a unha proba final, teórica e/ou práctica.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000