Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
 Materias
  Matemáticas: Matemáticas
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Exposición, por parte do profesorado, dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto que ten que desenvolver o estudantado. COMPUTABLE EN EVALUACIÓN CONTINUA Xunto co resto dos elementos da evaluación continua, ata un 40 por cento
Resolución de problemas e/ou exercicios Actividade en que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa disciplina. O alumnado debe desenvolver as solucións adecuadas ou correctas mediante a exercitación de rutinas, a aplicación de fórmulas ou algoritmos, a aplicación de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados. Adóitase utilizar como complemento da lección maxistral. COMPUTABLE EN EVALUACIÓN CONTINUA . Xunto co resto dos elementos da evaluación continua, ata un 40 por cento
Titoría en grupo Entrevistas que o alumnado mantén co profesorado para o asesoramento/desenvolvemento de actividades da materia e do proceso de aprendizaxe. COMPUTABLE EN EVALUACIÓN CONTINUA . Xunto co resto dos elementos da evaluación continua, ata un 40 por cento
Probas de resposta curta Exames con preguntas breves sobre a materia. COMPUTABLE EN EVALUACIÓN CONTINUA Xunto co resto dos elementos da evaluación continua, ata un 40 por cento
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Exame final. Máximo un 60 por cento
 
Outros comentarios e avaliación de Xullo

A nota final da materia será a suma da puntuación obtida polo traballo e as probas realizadas durante o curso (evaluación continua) cunha ponderación mínima do 40 % sobre o total, e da nota acadada no exame final cunha ponderación máxima do 60 % sobre o total. En caso de non superar a materia na primeira convocatoria, a nota obtida polo traballo realizado ao longo do curso manterase para a convocatoria de xullo.

Os puntos da evaluación continua obteranse por:

a asistencia ás clases e participación nas mesmas.

–probas cortas realizadas ao longo do curso.

–exercicios e/ou traballos propostos previamente e realizados fora das horas de clase.

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Aviso Legal