Educational guide 2023_24
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
 Materias
  Traballo de Fin de Grao
   Recomendacións


 
Outros comentarios
Dunha banda convén sinalar que, para a presentación e defensa pública do Traballo Fin de Grao, é requisito previo imprescindible superar todas a materias restantes do plan de estudos do Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos. Doutra banda, sintetízase a continuación o Anexo III da Normativa interna do centro para a elaboración do traballo de fin de Grao en Dereito e en Relacións Laborais e Recursos Humanos (no que segue: NITFG). A NITFG está dispoñible en: https://fccxxt.webs.uvigo.es/images/docs/facultade/normativa/tfg/Normativa_TFG.pdf O devandito anexo contén ás normas de presentación dos Traballos de Fin de Grao: - Os TFG poderán presentarse e defenderse en galego, castelán ou calquera outra lingua que contemple a memoria das titulacións. - Os TFG que se presenten deberán conter necesariamente o plantexamento do tema, o seu desenvolvemento e as conclusións obtidas. Así mesmo, os TFG irán precedidos de tres apartados previos: un resumo (en castelán ou galego e inglés) seguido dunha listaxe de palabras clave do estudo (en castelán ou galego e inglés), unha listaxe de abreviaturas e un sumario global. - Os traballos terán una extensión comprendida entre as 30 e 50 páxinas. Os anexos non se terán en conta no cómputo total de páxinas sinalado anteriormente. - Os traballos deberán remitirse en letra Times New Roman tamaño 12 e terán entreliñado de 1,5. As notas ao pé de páxina terán tamaño 10 da mesma letra e entreliñado sinxelo (1,0). - As marxes superior, inferior, esquerda e dereita do documento serán de 2,5 cm. - A presentación deberá conter unha portada na que conste o título do traballo, a autor ou autor, a titora ou titor, o curso académico, a convocatoria e a titulación. - Os epígrafes seguirán a enumeración árabe co seguinte formato: 1. Maiúscula grosa. 1.1 Minúscula grosa. 1.1.1 Minúscula grosa cursiva. a) Minúscula cursiva. - As citas e referencias bibliográficas deben seguir as pautas máis comúns ás que se adaptan as investigacións xurídicas. O alumnado interesado atopara máis detalles sobre esta cuestión nás páxinas 21 e seguintes da NITFG. - Nos TFG debe incluírse un epígrafe final no que se recolla toda a bibliografía, ordenada alfabeticamente, que se consultou para a súa elaboración. - As notas ao pé irán incluídas ao longo do texto, segundo se vaian precisando, e non ao final do traballo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000