Educational guide 2023_24
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
 Materias
  Igualdade e mercado de traballo
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Práctica de laboratorio Os contidos prácticos da materia serán avaliados nunha proba /exame
final. Trátase dunha proba/exame práctico consistente na resoluciòn,
por escrito, dun suposto/caso práctico no que alumnado aplicará os
coñecementos prácticos adquiridos durante o cuatrimestre. A
cualificación obtida nesta suporá o 25% da nota final.
25 A2
B5
C7
D4
Exame de preguntas de desenvolvemento Os contidos teóricos da materia serán avaliados nunha proba/exame final. Trátase dunha proba teórica e escrita que incluirá entre catro e sete preguntas de desenvolvemento -corto ou medio- sobre os distintos epígrafes do programa. O alumnado deberá demostrar a adquisición de coñecementos teóricos da materia en respostas de extensión intermedia. A cualificación obtida nesta proba suporá o 30% da nota final. 30 B1
B3
B4
C7
Exame de preguntas obxectivas Durante o cuatrimestre se realizarán 2 pruebas tipo test/cuestionarios
sobre unha parte dos contidos teóricos da materia. A cualificación
obtida en cada test suporá un 15% da nota final. En ningún caso a
superación destes cuestionarios liberará de materia de cara á
realización do exame final. As datas de celebración de cada
tes/cuestionario serán fixadas polo docente no cronograma da
materia.
30 B4
B5
C7
Proxecto A participación e intervención nas clases teóricas e prácticas, a
preparación dos supostos prácticos ou das sesións teóricas, cando así
proceda, a asistencia a actividades formativas organizadas pola Área
de Dereito do Traballo e, en xeral, calqueira actividade desenvolvida
polo alumnado ao marxe das probas obxectivas parciais e finais,
serán avaliados polo docente durante todo o cuatrimestre, tendo un
valor sobre a cualificación final do 15%.
15 A2
A3
A5
B5
C7
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

CONVOCATORIA COMÚN MAIO/XUÑO (sistema de avaliación continua/sistema de avaliación final)

a) Avaliación continua. O alumno que desexe ser sometido ao sistema de avaliación continua deberá acreditar unha asistencia ao 80 % das clases teóricas e prácticas. En caso contrario, sempre poderá acollerse ao sistema de avaliación final.

EN TODO CASO, PARA QUE A CUALIFICACIÓN FINAL OBTIDA NA PARTICIPACIÓN EN CLASE E NAS PROBAS TIPO TEST POIDA SUMARSE Á CUALIFICACIÓN OBTIDA NAS PROBAS FINAIS DE RESPOSTA LONGA E DE CASO PRÁCTICO, NESTAS DÚAS ÚLTIMAS PROBAS DEBERÁ ALCANZARSE UNHA NOTA MEDIA DE 4.00 SOBRE 10 POSIBLES. DE NON SER ASÍ, A CUALIFICACIÓN OBTIDA NA EVALUACIÓN CONTINUA NON SE TERÁ EN CONTA, AINDA QUE PODERÁ CONSERVARSE PARA A CONVOCATORIA DE XULLO, NA QUE SE APLICARÁ A MESMA REGRA.

b) Avaliación final. Os alumnos que non se acollan ao sistema de avaliación continua serán avaliados nun exame final. Trátase dunha proba escrita, de carácter teórico e práctico, sobre todos os contidos da materia e representará o 100% da nota final (a parte teórica representará un 60 por 100 da nota, e a parte práctica un 40 por 100)

CONVOCATORIA COMÚN DO MES DE XULLO

Se o/a alumno/a non superase a materia na convocatoria común do mes de xuño, a nota obtida na avaliación continua desenvolvida durante cúrso conservarase para a convocatoria do mes de xullo. Con todo, se non superase a materia nas dúas citadas convocatorias do curso académico, o/a alumno/a tería que someterse a un novo proceso de avaliación continua, agás que opte pola avaliación final teórica e práctica.

CONVOCATORIA FIN DE CARREIRA:

Na convocatoria fin de carreira o/a alumno/a sera avaliado nun único exame escrito, de carácter teórico e práctico que representará a 100 por 100 da nota final.

As datas de exame son aprobadas pola Xunta de Facultade e están publicada na web da Facultade.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000