Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
 Materias
  Auditoría laboral
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Avaliarase a comprensión da materia, a aplicacion de técnicas específicas idóneas, a argumentación, a capacidade de transmisión de contenidos na realización de presentacions, resolución de problemas, casos e exercicios no tempo e condicions establecidos polo profesor/a. A aplicación desta técnica será presencial e se corresponde coas prácticas da materia. 25
Prácticas con apoio das TIC Avaliarase a comprensión da materia, a aplicacion de técnicas específicas idóneas empregando as TICs, a argumentación, a capacidade de transmisión de contenidos na realización de presentacions, resolución de problemas, casos e exercicios no tempo e condicions establecidos polo profesor/a. A aplicación desta técnica será presencial e se corresponde coas prácticas da materia. 15
Resolución de problemas de forma autónoma Avaliarase a resolución de casos prácticos realizados de forma individual. 10
Exame de preguntas obxectivas Avaliarase o contido da materia mediante cuestións teóricas e prácticas. 15
Exame de preguntas obxectivas Avaliarase o contido da materia mediante cuestións teóricas e prácticas. 15
Exame de preguntas obxectivas Avaliarase o contido da materia mediante cuestións teóricas e prácticas. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Existen dous sistemas de avaliación excluintes: 1) o sistema de avaliación continua e 2) o sistema de avaliación non continua.

En calquer caso a entrega de calquera práctica puntuable implica automáticamente a elección do sistema de avaliación continua.

1) SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA

A nota obtida polo alumno nas distintas actividades presenciais, a
excepción da proba final, terá vixencia para as convocatorias ás que da
dereito a matrícula de cada curso académico.

As actividades de
avaliación continua só se poderán entregar nas datas e sesións
establecidas; ademáis poderanse facer probas de avaliación continua o
longo do cuadrimestre.

A concreción das
actividades a realizar dependerá en gran medida do número de
alumnos así como da dispoñibilidade de medios.

Os exames das
convocatorias ordinarias e extraordinarias desta materia terán lugar na
data, hora e lugar establecido polo Decanato da Facultade de Ciencias
Xurídicas e do Traballo.

2) SISTEMA DE AVALIACIÓN NON CONTINUA

Os alumnos que elixan a avaliación non continua deben comunicar por escrito a súa elección nas tres primeiras semás do cuadrimestre académico no que se imparte a materia e cuia recepción debe ser confirmada polo profesor/a. Dado que deben posuir o mesmo nivel competencial que os alumnos de avaliación continua o seu proceso de avaliación
consistirá nun examen final, a realizar nas datas establecidas
polo decanato para as distintas convocatorias, que consistirá nunha
prueba escrita de carácter teórico e práctico sobre os contidos
tratados tanto nas clases teóricas como nas prácticas e que
representará o 100% da nota final.

Os exames das convocatorias
ordinarias e extraordinarias desta materia terán lugar na data, hora e
lugar establecido polo Decanato da Facultade de Ciencias Xurídicas e do
Traballo.

IIMPORTANTE:  O calendario de exames
publícase ó inicio do curso polo Decanato da Facultade de  Ciencias
Xurídicas e do Traballo, pero dito calendario pode ser modificado ao
longo do curso por algún imprevisto. Consulten a páxina web da
facultade, por se hai cambios.

RELACIÓN DE BOAS PRÁCTICAS:

1. Non está permitido
facer uso de teléfonos móbiles, ordenadores portátiles, tablets ou
similares nas sesións de traballo. Estes deben estar desconectados, agás
autorización expresa do profesor/a.

2. Non está permitido comer nin beber (agás auga) na clase.

3. É imprescindible asistir ás sesións de aula co material necesario para o seu desenvolvemento.

4. O plaxio total ou parcial nas actividades entregadas levará a invalidación das mesmas.

5. Para a realización dos exames só se permite o uso de elementos de escritura e calculadora.

6.
O alumno deberá presentarse ao exame debidamente identificado, co
D.N.I, pasaporte ou carné de conducir, non sendo válido outro documento.

7. Tódolos exames e probas puntuables deberán ser entregados a súa finalización e baixo ningún concepto poderán ser sacados fora da aula.

8. A revisión de exames terá lugar só no horario e lugar establecido polo profesor/a.

No
caso de incumprimento das normas anteriores, o profesor/a poderá
adoptalas medidas que estime oportunas.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000