Educational guide 2023_24
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
 Materias
  Dereito procesual laboral
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Participación e intervención nas clases prácticas, a preparación dos supostos prácticos, a realización de cuestionarios na plataforma faitic, a asistencia a actividades formativas organizadas pola área de Dereito do Traballo e, en xeral, calquera actividade desenvolvida polo alumnado á marxe das probas obxectivas parciais e finais".

15 A2
A3
A4
B1
B2
B3
C14
D1
D3
D5
Exame de preguntas de desenvolvemento Na data fixada no calendario oficial de exames, realizarase un exame teórico escrito, que comprende toda a materia 30 A2
A3
A4
B1
B2
B3
C14
D1
D3
D5
Exame de preguntas obxectivas Ao longo do cuatrimestre realizaranse nas datas indicadas na planificación docente dúas probas tipo test (que contará un 15% cada unha). Estas probas non liberan materia de face ao exame final 30 A2
A3
A4
B1
B2
B3
C14
D1
D3
D5
Resolución de problemas e/ou exercicios Na data fixada no calendario oficial de exames, realizarase unha proba de carácter práctico consistente no estudo dun caso relacionado cos contidos da asignatura 25 A2
A3
A4
B1
B2
B3
C14
D1
D3
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Na materia Dereito Procesal Laboral seguiranse dous sistemas de
avaliación, tanto na primeira convocatoria como na segunda: avaliación
continua ou exame final.
1º.- AVALIACIÓN CONTINUA.

O sistema de avaliación continua consistirá en:


a) 2 probas teóricas tipo test, que se realizarán nas datas indicadas
na planificación docente que se proporcionará aos alumnos ao comezo de
curso; a nota media obtida nestas probas representará o 30 % da
cualificación final.

b) Valorarase a asistencia e participación nas clases prácticas, o que representará un 15% da cualifiación final (asistencia mínima 80 por 100 das clases presenciais teóricas e prácticas) 

c) 1 proba práctica escrita, que se
realizará na data indicada na planificación docente e que representará o
25 % da cualificación final.


d) 1 proba teórica escrita, sobre toda a materia, que se realizará na
data fixada no calendario oficial de exames e que representará o 30% da
cualificación final.

En calquera caso, para que se poida sumar as notas de avaliación continua e, polo tanto, entender superada a
materia, é necesario obter na proba final escrita (partes teórica e práctica) polo menos un 4 sobre 10 de media.

Notas importantes:


a) Para ser evaluado conforme ao sistema de avaliación continua, o/a
alumno/a deberá realizar a proba teórica escrita, a proba práctica
escrita e, polo menos unha proba teórica tipo test.


b) Os/as alumnos/as que sigan o sistema de avaliación continua e que non
superen a materia na primeira convocatoria, de face á segunda
convocatoria poderán optar por:

- Que se lles manteña a
cualificación obtida nas probas tipo test (máximo un 30% da nota final) e a obtida durante o curso pola participación nas clases prácticas (máximo un 15% da nota final). Nese caso o exame
consistiría nunha proba teórica escrita sobre toda a materia, que
representará o 30% da cualificación final, e unha proba práctica escrita, que representará o 25% da cualificación final. Deberán obter polo
menos un 4 sobre 10 no examen final (de media entre as partes teórica e práctica) para poder sumar as notas de avaliación continua e así entender superada a materia.

- Facer un exame final nos termos que se indican a continuación.

2º.- EXAME FINAL.


Os/as alumnos/as que decidan non seguir o sistema de avaliación
continua ou que non realicen as actividades necesarias para ser
evaludados conforme a este sistema, serán evaluados/as, tanto na
primeira como na segunda convocatoria, mediante un exame final, que se
realizará na data fixada no calendario oficial de exames e que
representará o 100% da cualificación final. Devandito exame constará de:

a) Unha proba práctica escrita consistente no estudo dun caso. Esta proba práctica representará o 40% da cualificación final.

b) Unha proba teórica escrita sobre toda a materia, que representará o 60% da cualificación final.


Nota importante: para poder superar a materia a través do exame final,
o/a alumno/a terá que superar as dúas partes do exame. É dicir, terá que obter en cada parte.

3º.- CONVOCATORIA DE FIN DE CARREIRA

Na
convocatoria de fin de carreira, o/a alumno/a será evaluado mediante un
único exame escrito, de carácter teórico práctico (nos términos expostos
no apartado anterior) e que representará o 100% da nota final.


As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes
convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación
aprobado pola Xunta de Facultade. 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000