A materia "Dereito Financeiro e Tributario II" impártese no cuarto curso do Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos e constitúe unha análise dos impostos máis importantes da denominada "Parte especial" do Dereito tributario. O seu contido céntrase na presentación do sistema tributario español e estudo, especialmente, dos tres principais tributos estatais: O Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, Imposto sobre Sociedades e Imposto sobre o Valor Engadido. Esta materia aborda os impostos máis relevantes, polo que é necesario que o alumnado coñeza as institucións fundamentais de dereito privado e dereito público que permiten comprender a tributación de certos negocios xurídicos. Ademais, é fundamental que se teña superado a materia "Dereito financeiro e tributario I", de terceiro curso, xa que se completa a comprensión integral da materia coa citada asignatura.