Educational guide 2023_24
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
 Materias
  Dereito do emprego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas de desenvolvemento Os contidos teóricos da materia serán avaliados nunha proba/examen final. Trátase
dunha proba teórica e escrita, que incluirá entre 4 e 6
preguntas de desenvolvemento
sobre os distintos epígrafes do programa. O alumnado deberá demostrar a adquisición de coñecementos teóricos da materia en respostas de extensión intermedia. A cualificación obtida nesta proba suporá o 30% da nota final.
30 A4
A5
B5
C28
D5
Resolución de problemas e/ou exercicios Os contidos prácticos da materia serán avaliados nunha proba/examen final. Trátase
dunha proba/examen práctico consistente na resolución, por escrito, dun suposto/caso práctico no que alumnado aplicará os coñecementos prácticos adquiridos durante o
cuatrimestre. A cualificación obtida nesta suporá o 25% da nota final.
25 A2
A4
D3
D5
Exame de preguntas obxectivas Durante o cuatrimestre se realizarán 2 probas sobre unha parte dos
contidos teóricos da materia. A cualificación obtida en cada test
suporá un 15% da nota final. As datas de celebración de cada
test/cuestionario serán fixadas polo docente no cronograma da
materia.
30 A2
A3
B4
D5
Práctica de laboratorio A participación e intervención nas clases teóricas e prácticas, a elaboración de un traballo e a sua exposición pública, a
preparación dos supostos prácticos ou das sesións teóricas, cando así
proceda, a realización de cuestionarios na plataforma faitic, a
asistencia a actividades formativas organizadas pola Área de Dereito
do Traballo e, en xeral, calqueira actividade desenvolvida polo
alumnado ao marxe das probas obxectivas parciais e finais, serán
avaliados polo docente durante todo o cuatrimestre, tendo un valor
sobre a cualificación final do 15%.
EN TODO CASO, PARA QUE A
CUALIFICACIÓN FINAL OBTIDA NA PARTICIPACIÓN EN
CLASE E NAS PROBAS TIPO TEST POIDA SUMARSE Á
CUALIFICACIÓN OBTIDA NAS
PROBAS FINAIS DE RESPOSTA LONGA E DE CASO PRÁCTICO,
NESTAS DÚAS ÚLTIMAS
PROBAS DEBERÁ ALCANZARSE UNHA NOTA MEDIA DE 4.00.
DE NON SER ASÍ, A
CUALIFICACIÓN OBTIDA NA EVALUACIÓN CONTINUA NON SE
TERÁ EN CONTA, AINDA
QUE PODERÁ CONSERVARSE PARA A CONVOCATORIA DE XULLO, QUE SE APRICARÁ MESMA REGRA
15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

CONVOCATORIA ORDINARIA DECEMBRO/XANEIRO  (sistema de avaliación continua/sistema de
avaliación final)

a) Avaliación continua.  Para poder optar por este sistema, deberá
acreditar asistencia ao 80 % das clases teóricas e prácticas.

En caso contrario, sempre poderá acollerse ao sistema de
avaliación final.

b) Avaliación final. Os alumnos que non se acollan
ao sistema de avaliación continua, serán avaliados nun examen final.Trátase
dunha proba escrita, de carácter teórico e práctico, sobre todos os contidos da
materia e representará o 100% da nota final (60 por 100 parte teórica e 40 por
100 parte práctica).

CONVOCATORIA ORDINARIA DO MES DE XULLO:

Se o/a alumno/a non superase a materia na convocatoria
ordinaria do mes de decembro/xaneiro, a nota obtida na avaliación continua
desenvolvida durante o curso conservarase para a convocatoria do mes de xullo.
Porén, se non superase a materia nas dúas citadas convocatorias
do curso académico, o/a alumno/a tería que someterse un novo proceso de
avaliación continua, agás que opte pola avaliación final teórica e práctica.

CONVOCATORIA FIN DE CARRREIRA

Na convocatoria FIN DE CARREIRA o/a alumno/a será avaliado
nun único examen escrito, de carácter teórico e práctico que representará o 100
% da nota final

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000