Educational guide 2023_24
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
 Materias
  Recursos humanos I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Avaliarase a comprensión da materia, a argumentación, e a capacidade de transmisión de contidos a través de tres probas de avaliación continua (con unha ponderación do 15%, 25% e 10%) con contido teórico e/ou práctico de cuestións sobre a disciplina formuladas polo profesorado ó longo do periodo lectivo. 50 A2
B1
B2
B3
B5
C17
D1
Resolución de problemas Avaliarase a participación do alumnado, a comprensión da materia, a aplicación de técnicas específicas axeitadas, a argumentación, e a capacidade de transmisión de contidos a través de varias probas de avaliación con contido práctico de cuestións sobre a disciplina formuladas polo profesorado ó longo do período lectivo.
A aplicación desta técnica correspóndese na súa maioria coas prácticas da materia realizadas nos grupos de prácticas.
20 A2
A4
A5
B1
C17
D1
Estudo de casos Avaliarase a participación do alumnado, a comprensión da materia, a aplicación de técnicas específicas axeitadas, a argumentación, e a capacidade de transmisión de contidos a través de varias probas de avaliación con contido práctico de cuestións sobre a disciplina formuladas polo profesorado ó longo do período lectivo.
A aplicación desta técnica correspóndese coas prácticas da materia realizadas nos grupos de prácticas.
30 A2
B1
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O
alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de avaliación continua
(AC), ou alternativamente optar por unha proba de Avaliación Global (AG). A
avaliación por defecto é a AC e a descrición desta guía está pensada para esta
modalidade de avaliación. O alumnado poderá elixir AG segundo o procedemento e
o prazo establecido, que será publicado no MooVi da materia. A elección de AG
supón a renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades de AC
que resten e á cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas que
xa tiveron lugar. 

Sistema de Avaliación
Continua (AC)

a. Sistema de avaliación: realizaranse ao longo do curso 3 probas teóricas
vinculadas á metodoloxía da lección maxistral, cunha ponderación do 15%, 25% e
10%, respectivamente. Ademais, realizaranse varias actividades avaliables
relacionadas coa resolución de problemas, así como co estudo de casos.

 b. O alumnado que sexa
avaliado no réxime de avaliación continua terá a posibilidade de superar a
materia e de obter o 100% da nota. Superarase a materia sempre e cando a suma
ponderada dos resultados de tódalas probas/actividades efectuadas ó longo do
período lectivo sexa maior ou igual a 5 puntos sobre 10.

c. E obrigatoria a asistencia ás clases nas que este programada unha proba/actividade
avaliable. A programación das probas/actividades avaliables estará a
disposición do alumnado no MooVi da materia.

d. Se
a/o alumna/o por causas xustificadas (véxanse no regulamento do estudantado)
non puidera realizar algunha das probas/actividades avaliables deberá poñerse
en contacto co profesorado responsable de dita actividade coa maior brevidade e
de ser posible con anterioridade á súa data de celebración, acreditando de
forma documental a causa xustificada e para establecer unha nova data. As probas/actividades
avaliables non realizadas contarán como cero.

e. Considerarase
que o alumnado se ten presentado á avaliación continua cando se teña presentado
a algunha das probas/actividades de avaliación desta modalidade.

f. A
concreción das actividades de avaliación continua a realizar dependerá en gran
medida do número de estudantes, así como da dispoñibilidade de medios.

g. As
actividades de avaliación continua só se poderán entregar nas datas e sesións
establecidas ó efecto, debendo cada estudante asistir ó grupo que teña asignado
para a realización das mesmas. O cambio de grupo neste caso deberá ser
autorizado polo profesorado.

h. Recoméndase
que o alumnado asista ás clases con regularidade, e ás titorías cando o
precisen e se impliquen activamente no seu proceso de aprendizaxe. É
responsabilidade do alumnado consultar os materiais dispoñibles na plataforma
MooVi e estar ó tanto dos avisos e das datas de realización das diferentes probas/actividades
de avaliación. O sistema de concertación de titorías figurará no MooVi da
materia.

i. Se o/a estudante non supera a materia por avaliación continua, este/a poderá
presentarse ó exame de avaliación global da convocatoria ordinaria, que terá
lugar na data oficial establecida polo Decanato da Facultade de Ciencias
Xurídicas e do Traballo. Nese caso, na convocatoria ordinaria a nota final do
curso (primeira oportunidade) será a suma da nota obtida nas probas/actividades
de avaliación realizadas ao longo do cuadrimestre (cunha ponderación do 60%
sobre o total) e da nota obtida na proba de avaliación global (cunha
ponderación do 40% do total). Para aprobar a materia será preciso obter unha
nota igual ou superior a 5 puntos sobre 10.

j. Na
convocatoria extraordinaria ou segunda oportunidade realizarase un exame final que
terá lugar na data e hora establecidas polo Decanato da Facultade de Ciencias
Xurídicas e do Traballo, cunha puntuación máxima de 10 puntos. Para
aprobar a materia será preciso obter unha nota igual ou superior a 5 puntos
sobre 10. Dito exame versará sobre a totalidade da materia.

Proba de Avaliación Global
(AG)

a. Tanto na
primeira oportunidade (convocatoria do 2º cuadrimestre) como na segunda
oportunidade (convocatoria extraordinaria de xullo), e na convocatoria de fin
de carreira o alumnado será avaliado cun exame final a realizar na data e hora
establecidas polo Decanato da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo,
cunha puntuación máxima de 10 puntos. Para aprobar a materia será preciso
obter unha nota igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Dito exame versará sobre
a totalidade da materia.

b. Recoméndase que o alumnado que opte polo exame de avaliación global asista ás clases con regularidade, e ás titorías cando o precisen e se impliquen activamente no seu proceso de aprendizaxe. É responsabilidade do alumnado consultar os materiais dispoñibles na plataforma MooVi e estar ó tanto das datas de realización das probas de avaliación global. O sistema de concertación de titorías figurará no MooVi da materia.

c. As
datas e horas das probas de AG (de primeira e segunda oportunidade) son as
especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade
de Ciencias Xurídicas e do Traballo para o curso 2023/24. Consulten a páxina
web da facultade, por se hai cambios.

 

Os estudantes que non participen
na AC nin na AG, figurarán nas actas como "non presentados". 


DECÁLOGO DE BOAS PRÁCTICAS

1. Non está permitido facer uso de teléfonos móbiles, ordenadores
portátiles, tablets ou similares nas sesións de traballo. Estes deben estar
desconectados, agás autorización expresa do profesorado.

2. Os teléfonos móbiles deben estar pechados na realización das probas e o
alumnado non debe ter consigo reloxos e demais dispositivos intelixentes na
realización das mesmas, agás autorización expresa do profesorado.

3. Non está permitido comer nin beber (agás auga) na clase.

4. É imprescindible asistir ás sesións de aula co material necesario para o
seu desenvolvemento (tales como manual, apuntes, enunciado da práctica, entre outros).

5. O plaxio total ou parcial nas actividades entregadas levará a
invalidación das mesmas.

6. Para a realización dos exames só se permite o material indicado polo
profesorado.

7. O/a alumno/a deberá presentarse ao exame debidamente identificado, co
D.N.I, pasaporte ou carné de conducir, non sendo válido outro documento.

8. Tódolos exames e probas puntuables deberán ser entregados a súa
finalización e baixo ningún concepto poderán ser sacados fora da aula, nin
fotografiados nin gravados polo alumnado.

9. A revisión de exames terá lugar só no horario e lugar establecido polo
profesorado.

10. No caso das actividades docentes que se leven a cabo por medios
telemáticos véxase https://www.uvigo.gal/proteccion-datos

No caso de incumprimento das normas anteriores, o profesorado poderá
adoptar as medidas que estime oportunas.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000