Guia docente 2021_22
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
 Materias
  Socioloxía do traballo
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Estudo de casos En cada un dos Seminarios o alumnado deberá responder a unha serie de cuestions relacionadas cos textos fundamentais propostos para a súa análise e comentario. 40 CB2
CB3
CB4
CB5
CG1
CG2
CG3
CG5
CE21
CT1
CT5
Exame de preguntas de desenvolvemento Haberá unha proba de cuestións de desenvolvemento, que incluirá os contidos explicados durante o curso. 60 CB2
CB3
CG2
CE21
CT3
CT4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN CONTINUA

O alumnado en modalidade presencial terá que asistir polo menos ao 75% das Clases Maxistrais e dos Seminarios para ser avaliado nesta modalidade.
No caso de que o alumnado teña que incorporarse a modalidade virtual, deberá acceder os medios telemáticos postos a súa disposición (videoconferencia, FAITIC), para realizar as tarefas propostas, coa mesma frecuencia porcentual (75%) que se esixe o alumnado presencial.

En todo caso, o alumnado que se acolla en principio a avaliación continua poderá renunciar a ela solicitándollo por escrito ao profesorado da materia, tendo como data límite a 3ª semana de docencia.

Será necesario obter polo menos un na Proba de preguntas de desenvolvimento sobre todolos contidos da materia, para ter en conta a nota obtida nos Seminarios.

AVALIACIÓN FINAL

O alumnado que non siga a modalidade de avaliación continua
realizará un examen final sobre todolos
contidos da materia. Dito examen suporá o 100% da nota.

NOTA

As datas e horarios das
probas de avaliación final serán as
especificadas no calendario das probas de avaliación aprobadas
pola "Xunta de Facultade" para o curso 2021-22.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000