Guia docente 2012_13
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
 Materias
  Políticas sociolaborais
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Estudo de casos/análises de situacións

Avaliaranse as análises dos feitos, problemas ou sucesos reais, e a capacidade de coñecelos, interpretalos, resolvelos e a capacidade de reflexionar sobre eles. Avaliación continua nas horas prácticas.
20
Traballos tutelados Avaliaranse os traballos presentados en grupo e por escrito dos estudantes elaborado sobre a temática da materia 20
Presentacións/exposicións Avaliarase a capacidade de expresión sobre temas realizados sobre contidos da materia e os resultados dun traballo en grupo. As exposicións realizaranse na aula. 10
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Exame final que consistirá na resposta por escrito a dúas preguntas sobre os contidos da materia 25
Probas de tipo test Examen final que consistirá na resposta por escrito a probas de tipo test 25
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA:


Realizarase avaliación continua para aqueles estudantes que asistan regularmente e realicen os os traballos propostos ao longo do curso. Dita avaliación continua supoñerá o 50% da nota final, correspondendo o restante 50% ás probas de resposta longa e tipo test.


Aqueles estudantes que non poidan asistir, por razóns profesionais ou persoais, con continuidade regular ás horas presesenciais pero queiran participar na avaliación continua, deberán presentar os traballos requiridos ao longo do curso nas datas sinaladas. Neste caso, a avaliación continua contará como un 50% da avaliación final e as probas de resposta longa e tipo test un 50%


PROBA FINAL:


Aqueles estudantes que non participen da avaliación continua, realizarán unha proba final (100% da evaluacion) que constase de dúas preguntas de desenvolvemento longo e unha proba tipo test (80% da avaliación) e unha pregunta de contido práctico (20% da avaliación)


SEGUNDA CONVOCATORIA (MES DE XULLO):


Na segunda convocatoria teranse en conta as seguintes situacións:


a.- Estudantes que seguiron regularmente o curso e seguiron a avaliación continua: manterase a nota e a porcentaxe da avaliación para aquela parte superada da materia


b.- Estudantes que participaron na avaliación continua sen asistencia regular ao curso, deberán realizar unha proba daquela parte non superada manténdose as porcentaxes da avaliación.


c.- Estudantes que non participaron da avaliación continua deberán realizar a proba nas mesmas condicións que na primeira convocatoria.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000