SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA:
Realizarase avaliación continua para aqueles estudantes que asistan regularmente e realicen os os traballos propostos ao longo do curso. Dita avaliación continua supoñerá o 50% da nota final, correspondendo o restante 50% ás probas de resposta longa e tipo test.
Aqueles estudantes que non poidan asistir, por razóns profesionais ou persoais, con continuidade regular ás horas presesenciais pero queiran participar na avaliación continua, deberán presentar os traballos requiridos ao longo do curso nas datas sinaladas. Neste caso, a avaliación continua contará como un 50% da avaliación final e as probas de resposta longa e tipo test un 50%
PROBA FINAL:
Aqueles estudantes que non participen da avaliación continua, realizarán unha proba final (100% da evaluacion) que constase de dúas preguntas de desenvolvemento longo e unha proba tipo test (80% da avaliación) e unha pregunta de contido práctico (20% da avaliación)
SEGUNDA CONVOCATORIA (MES DE XULLO):
Na segunda convocatoria teranse en conta as seguintes situacións:
a.- Estudantes que seguiron regularmente o curso e seguiron a avaliación continua: manterase a nota e a porcentaxe da avaliación para aquela parte superada da materia
b.- Estudantes que participaron na avaliación continua sen asistencia regular ao curso, deberán realizar unha proba daquela parte non superada manténdose as porcentaxes da avaliación.
c.- Estudantes que non participaron da avaliación continua deberán realizar a proba nas mesmas condicións que na primeira convocatoria. |