Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Dereito
 Materias
  Métodos alternativos de resolución de conflitos no ámbito empresarial
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentación Avaliarase a exposición por parte do alumnado ante o docente e os demáis estudiantes dun tema sobre os contidos da materia. 20 A2
A3
A4
B3
B4
C81
D1
D3
Exame de preguntas obxectivas
Ao longo do cuatrimestre realizaranse nas datas indicadas na planificación docente 2 probas tipo test, de carácter liberatorio.
40 A2
A3
A5
B1
B2
B3
B4
C80
C81
D4
D5
Resolución de problemas e/ou exercicios Na data indicada na programación docente realizarase unha proba de carácter práctico consistente no estudo dun caso.
40 A2
A3
A4
B3
B4
C80
C81
D1
D3
D4
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Nesta materia, seguiranse dous sistemas de avaliación, tanto na primeira convocatoria (xaneiro) como na segunda (xullo): avaliación continua ou exame final. 

1º.- AVALIACIÓN CONTINUA.

O sistema de avaliación continua consistirá en: 

a) 2 probas teóricas tipo test, de carácter eliminatorio, que se realizarán nas datas indicadas na planificación docente que se proporcionará aos alumnos ao comezo de curso; a nota media obtida nestas probas representará o 40% da cualificación final, tendo que haberse obtido unha calificación mínima de 5 puntos sobre 10 en cada unha de elas para aprobar a materia polo sistema de avaliación continua.  
b) 1 proba práctica escrita, que se realizará na data indicada na planificación docente e que, xunto coa exposición e debate desenvolvido polos alumnos nos seminarios, representará o 40% da cualificación final, tendo que haberse obtido unha calificación mínima de 5 puntos sobre 10 en la misma para aprobar a materia polo sistema de avaliación continua. 
c) A elaboración e presentación dun traballo ou proxecto, elaborado dacordo  coas instruccións do profesor, na data fixada polo profesor. A nota obtida neste traballo constituirá o 20% da calificación final tendo que haber obtido unha calificación mínima de 5 puntos sobre 10 para aprobala materia polo sistema de avaliación continua.

Notas importantes: Para ser evaluado conforme ao sistema de avaliación continua, o/a alumno/a deberá realizar as dúas probas tipo test, a proba práctica escrita e a elaboración e presentación dun traballo.

b) Os/as alumnos/as que sigan o sistema de avaliación continua e que non superen a materia na primeira convocatoria (xaneiro), de cara á segunda convocatoria (xullo) poderán optar por: 

 - Que se lles manteña a cualificación obtida nas probas test realizadas (cuxa media representará o 40% da cualificación final), nese caso o exame consistiría nunha proba teórica (30%) e práctica (30%) escrita de desenvolvemento, sobre toda a materia.

 - Facer un exame final nos términos que se indican a continuación. 


2º.- EXAME FINAL.

Os/as alumnos que decidan non seguir o sistema de avaliación continua ou que non realicen as actividades necesarias para ser evaluados conforme a este sistema, serán evaluados cun exame final a realizar na data fixada no calendario oficial de exames e que representará o 100% da cualificación final. Este exame final consistirá en:

a) 1 proba teórica escrita de desenvolvemento sobre toda a materia, que representará o 70% da cualificación final.

b) 1 proba práctica escrita, que representará o 30% da cualificación final. 

3º.- CONVOCATORIA DE FIN DE CARREIRA.

Na convocatoria de fin de carreira o sistema de avaliación será o de exame final nos términos expostos anteriormente.

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2023/2024.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000