Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito mercantil I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Ao final das clases, o alumnado terá que realizar unha proba teórica sobre os coñecementos xerais da materia. Esta proba será valorada con 4 puntos. 40
Seminario O alumnado terá que preparar un tema do programa da materia para a súa exposición oral na aula de clases prácticas 10
Prácticas de laboratorio Se plantexarán dous exames de preguntas obxectivas (proba tipo test), sobre cuestións resoltas nos casos prácticos realizados na aula. Cada exame terá unha valoración máxima de 1 punto.
20
Resolución de problemas e/ou exercicios Ao final das clases, o alumnado terá que realizar unha proba práctica, baseada nos casos prácticos realizados ao longo do cuadrimestre. Valorarase con 3 puntos. 30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para acollerse ao sistema de avaliación continua o alumno/a terá que asistir regularmente a clase (teórica e práctica). Para estes efectos, realizaranse controis aleatorios de asistencia e considerarase que un alumno/a incumpriu este requisito se acumula máis de dúas faltas de asistencia sen xustificar.

Para superar a materia mediante o sistema de avaliación continua, o alumnado terá que obter un mínimo de 1,5 puntos no conxunto das probas consistentes nos test e no seminario, e un mínimo 3,5 puntos nas dúas probas teórico prácticas que se formularan unha vez finalizado o período de clases.

Entenderase que un alumno/a acóllese ao sistema de avaliación continua cando realice algunha das probas mencionadas (test, seminario o proba teórico práctica). Non resulta posible renunciar á avaliación continua unha vez realizada algunha das probas mencionadas.

O alumnado que non se acolla ao sistema de sistema de avaliación continua terá que realizar un exame final, que combinará preguntas teóricas e prácticas, ao que lle asignará o 100% da nota.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000