Guia docente 2015_16
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito administrativo I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminarios Avaliarase a asistencia activa do estudante, é dicir, a asistencia máis a participación de calidade. A mera asistencia non se valora. 40 A1
A3
A4
B1
B3
B4
C19
C20
D1
D3
D5
Sesión maxistral Avaliarase a asistencia activa do estudante, é dicir, a asistencia máis a participación de calidade. A mera asistencia non se valora. 10 A1
A3
A4
B1
B2
B3
B4
C19
C20
D1
D2
D3
D5
Probas de resposta curta O estudante terá que responder varias preguntas (de corte teórico e/ou práctico), podendo utilizar textos legais. 50 A1
A3
A4
B1
B2
B3
B4
C19
C20
D1
D2
D3
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para participar na avaliación continua será requisito indispensable que o/a estudante suba a súa ficha de estudante á plataforma TEMA antes de que conclúa o primeiro mes de clase.

As cualificacións
obtidas na avaliación continua manterase na segunda convocatoria do
curso académico. Para superar a materia é preciso obter un aprobado entre
o exame final e a avaliación continua. A cualificación máxima que pode
obterse no exame final será de 5, sumándose á puntuación obtida no
devandito exame a que correspondese na avaliación continua. Para que esta suma
teña lugar será requisito imprescindible obter un mínimo de 2,5 sobre 5
no exame final.

En todas as
convocatorias o exame final poderá consistir en probas prácticas (resolución
de casos prácticos), probas de resposta curta e/ou probas de resposta longa.

Por acordo da Xunta de Facultade, os/as estudantes
que non sigan a avaliación continua terán dereito a un exame final
teórico-práctico sobre o 100%, distinto do anterior, no que se avalíe a
adquisición de todas as competencias globais da materia.

Convocatoria extraordinaria fin de carreira: a) Tipo de exame:
Os/as estudantes realizarán un exame teórico-práctico sobre a
totalidade dos contidos da materia; b) Sistema de avaliación: O 100% da
cualificación virá determinado polo resultado do exame
teórico-práctico.

As datas e horarios das probas de avaliación das
diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas
de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade e publicadas na Web http://cienciasxuridicasedotraballo.webs.uvigo.es/?*lang=é












Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000