Guia docente 2024_25
Facultad de Ciencias Jurídicas y del Trabajo
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito administrativo I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Nos "Seminarios" das clases presenciais tamén se proporá ao
alumnado a realización de distintas actividades: casos prácticos,
exposición oral dun tema, presentación escrita dun traballo, tarefa colaborativa na aula, etc. Estas actividades só serán avaliadas para
os/as alumnos/as que se sometan a avaliación continua. Nestes Semianrios valorarase a participación activa dos estudantes, é dicir, a asistencia máis a participación de calidade. A mera asistencia non se valora.
40
Lección maxistral Durante as clases maxistrais, ao fío das explicacións, exporanse aos estudantes preguntas ou supostos de feito para que o alumno desenvolver razoamentos ou deducións relacionados coa materia que se explica. Neste sentido avaliarase a asistencia activa do estudante nas clases maxistrais, é dicir, a asistencia máis a participación de activa calidade no seguimento das leccións da forma activa indicada. A mera asistencia non se valora.
Se non houbese posibilidade de avaliase de este xeito (non asistencia a lección maxistral), esta porcentaxe será avaliada cun una proba teórica na última sesión do curso.
20
Resolución de problemas e/ou exercicios O estudante terá que responder varias preguntas (de corte teórico e/ou práctico), para as que o profesor poderá, en caso de estimalo conveniente, permitir a utilización de textos legais. 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para participar na avaliación continua será requisito indispensable que o/a estudante suba a súa ficha de estudante á plataforma antes de que conclúa o mes de setembro. Transcurrido dito prazo non se admitirán cambios sobre a desisión de seguir ou non a
avaliación continua.
A cualificación obtida na avaliación continua manterase na segunda convocatoria do curso académico. Para superar a materia é preciso obter un aprobado entre o exame final e a avaliación continua. A cualificación máxima que pode obterse no exame final será de 4, sumándose á puntuación obtida no devandito exame á que correspondese co resto de actividades de avaliación continua. Para que esta suma teña lugar será requisito imprescindible obter un mínimo de 2 sobre 4 no exame final.

Poderase renunciar a avaliacion continua en calquer momento.


En todas as convocatorias o exame final poderá consistir en probas prácticas (resolución de casos prácticos), e/ou probas de resposta curta, e/ou exame oral. Todo este tipo de probas poderá consistir, no seu caso, no desenvolvemento da explicación dunha materia de forma pormenorizada e razoada. O que non se pedirá ao alumnado é o desenvolvemento total e méramente teórico dos contidos dun tema completo do programa.

Por acordo da Xunta de Facultade, os/as estudantes que non sigan a avaliaicón continua ou aqueles que faltasen a máis dun 15 por cento das sesión presenciais terán dereito a realizar: a) o examen final común; e b) un exame final teórico-práctico para completar distinto do anterior, no que se avaliará a adquisición de todas as competencias globais da materia.


Convocatoria extraordinaria fin de carreira: a) Tipo de exame: Os/as estudantes realizarán un exame teórico ou teórico-práctico sobre a totalidade
dos contidos da materia; b) Sistema de avaliación: o 100% da calificación virá determinada polo resultado do exame teórico-práctico.
As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas
de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade e publicadas na Web http://cienciasxuridicasedotraballo.webs.uvigo.es.
Non está permitido levar ao examen ningún dispositivo electrónico.




Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000