Guia docente 2011_12
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito do traballo e da seguridade social
   Contidos
Tema Subtema
PARTE I. INTRODUCCIÓN E FONTES TEMA 1. CONCEPTO E ÁMBITO APLICATIVO DA DISCIPLINA.
Presupostos configuradores. Especial referencia ao traballo “por conta allea” e a dependenza. O traballo autónomo. O Estatuto do Traballador Autónomo. O traballador autónomo económicamente dependente. Exclusións legais. Traballos familiares e servizos benévolos. Conselleiros
de sociedades.Funcionarios públicos e demáis persoal estatutario. Prestacións persoais obrigatorias. Transportistas.
Relacións laborais de carácter especial. Persoal de alta dirección e asimilados. Servidores do fogar familiar. Penados nas institucións penitenciarias. Deportistas profesionais. Artistas en espectáculos públicos. Representantes de comercio. Similitude e diferencias cos axentes
mercantís. Traballadores disminuídos en centros especiais. Estibadores portuarios. Avogados en despachos profesionais. Médicos residentes. Outras. Referencia a traballos singulares.

TEMA 2. FONTES DO DEREITO DO TRABALLO.
Lexislación estatal. A Constitución.- Normas con rango de lei.- Regulamentos.- Normativa das Comunidades Autónomas.- O ámbito de aplicación da Lei do Reino de España. O Regulamento Comunitario 593/2009 (Roma I). O art. 1.4 ET.
Normas colectivas. O convenio colectivo. Concepto.- O art. 37 da Constitución. Eficacia do convenio.- Tipoloxía de convenios. Remisión. Lexislación supraestatal. Tratados bilaterais e multilaterais.- Convenios e recomendacións da OIT.- Normativa da Unión Europea.
Outras fontes. Usos e costumes profesionais.- A xurisprudencia e a
doutrina xudicial.- Os principios xerais do dereito.- Principios laborais: Respeto aos mínimos, norma máis favorable, condición máis beneficiosa,irrenunciabilidade de dereitos, pro operario.- O Dereito común.

PARTE II. A RELACIÓN INDIVIDUAL DE TRABALLO TEMA 3. O CONTRATO DE TRABALLO.
Concepto.- Partes: traballador e empresario.- Capacidade do traballador.
A idade.- Estranxeiros e nacionais de Estados membros da Unión Europea.- Nulidade do contrato.- Forma. Presunción de contrato. Copia básica e dereitos de información do traballador.- Período de proba.

TEMA 4. INTERMEDIACIÓN, FOMENTO DO EMPREGO E RELACIÓNS TIANGULARES DE TRABALLO.
Intermediación. Servicios públicos de emprego e axencias de colocación.
Fomento do emprego. Subvencións e bonificacións. Relacións triangulares de traballo. A descentralización productiva.
Concepto e tipoloxía.- Contratas e subcontratas. Responsabilidade laboral,
administrativa e de Seguridade Social. Dereitos informativos.- Cesión de traballadores e tráfico de man de obra.- Empresas de traballo temporal. Requisitos. Contrato de posta a disposición. Contrato de traballo. Relación do traballador coa empresa usuaria.- Sucesión da empresa.
Concepto. Responsabilidades solidarias. Facultades dos representantes legais.

TEMA 5. MODALIDADES DE CONTRATO DE TRABALLO.
Contratos indefinidos. Ordinario. De fomento da contratación. Fixo
discontinuo. Contratos formativos. Contrato para a formación.- Contrato en prácticas.Contratos temporais estructurais. Obra ou servizo determinado.- Eventual.-Interinidade. Modalidades.
Contratos temporais de fomento do emprego. Discapacitados.- De relevo.-
Por anticipación da idade de xubilación.
Regras xerais aplicables a tódolos contratos temporais.Contrato a tempo parcial. Concepto. Forma.- Voluntariedade. Tránsito á xornada completa e viceversa.- Horas complementarias.

TEMA 6. OBRIGAS DO TRABALLADOR.
Prestación do traballo.-Dilixencia e rendemento normal.-Obediencia e desobediencia lexítima.-A non concurrencia. Pactos de exclusividade e de permanencia.-Invencións “de servicio” e dereitos de explotación da propiedade intelectual.

TEMA 7. A RETRIBUCIÓN.
Concepto. Clases de salarios. Non discriminación por razón de xénero.Presunción de salario.- Percepcións non salariais.- Estructura salarial. Salario base e complementos salariais.- Salario mínimo interprofesional.- Absorción e compensación.- Gratificacións extraordinarias.- Pagamento do
salario. Mora e anticipos. Documentación.- Aseguramento do pagamento. O Fondo de Garantía Salarial. Os créditos salariais preferenciais. En caso de concurso. Protección procesal común do salario. Inembargabilidade.

TEMA 8. A PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS E OUTROS DEBERES DO EMPRESARIO.
A prevención de riscos laborais. A LPRL e a súa normativa de desenvolvemento.- Dereitos e obrigas.- Servizos de Prevención.- Consulta e participación dos traballadores.- Responsabilidades. Outros deberes do empresario Respeto á dignidade do traballador e igualdade de tratamento.- O acoso por razón de sexo e o acoso sexual. O acoso moral.- Non discriminación por razón de xénero. Discriminacións directas e indirectas.- Ocupación efectiva.- Formación e promoción profesionais.

TEMA 9. TEMPO DE TRABALLO
Regulación da xornada de traballo ordinaria. Xornada máxima.- Tempos
de traballo e tempos de descanso.- Xornadas especiais. Horas extraordinarias.
Distribución do tempo de traballo e do descanso. O calendario laboral.- O horario.- Traballo nocturno e a quendas.- Descansos semanais e festivos.- Vacacións anuais.- Permisos e outras ausencias do traballo.- Xornada e conciliación da vida familiar e laboral.

TEMA 10. O PODER DE DIRECCIÓN DO EMPRESARIO E O IUS VARIANDI.
O poder de dirección do empresario. Concepto.A clasificación profesional. O grupo profesional.- A categoría profesional e
a equivalencia.- O encadramento e a polivalencia funcional. Mobilidade funcional. Horizontal e vertical. Límites. Mobilidade xeográfica. Traslados. Desprazamentos. Referencia aos desprazamentos transnacionais.Modificación sustancial das condicións de traballo.

TEMA 11. SUSPENSIÓN DO CONTRATO. Concepto e efectos xerais. Reserva de posto e suspensión do salario.- Causas de suspensión: Mutuo acordo e causas válidamente consignadas no contrato. Incapacidade temporal e incapacidade permanente. Maternidade, adopción e acollemento. Paternidade. Risco durante o
embarazo e lactación materna. Víctima de violencia de xénero. Privación de liberdade e prestacións persoais obrigatorias. Cargo público representativo e excedencia forzosa. Funcións sindicais.- Suspensións
colectivas. Forza maior temporal e causas económicas, técnicas, organizativas e de producción. Folga e lockout. Suspensión disciplinaria. Excedencia para coidado de fillos e para coidado de familiares. Excedencia voluntaria.

TEMA 12. A EXTINCIÓN DO CONTRATO
Introducción. Concepto. Causas. O recibo de finiquito.Por cumprimento e por vontade das partes. Por causas válidamente
pactadas.-. Expiración do termo.- Por mutuo acordo. Por desaparición ou incapacidade dunha das partes. Por causas atinentes ao empresario.- Por causas atinentes ao traballador. Por vontade unilateral do traballador. Dimisión e abandono.- Resolución causal por decisión do traballador. Por vontade unilateral do empresario. O concepto de despedimento.-
Tipoloxía.

TEMA 13. O DESPEDIMENTO.
O despedimento disciplinario e a potestade disciplinaria. Causas xustas (estatutarias e extraestatutarias).- Forma. Carta de despedimento, audiencia a delegados sindicais e expediente contradictorio. Outras.- Calificación e efectos. Procedente, improcedente e nulo.- O caso do despedimento tácito.- Outras sancións. Legalidade e tipicidade. Límites legais. Formalidades. Prescripción das infraccións.
O despedimento por causas obxectivas. Concepto e causas.- Requisitos e forma.- Calificación e efectos. O despedimento colectivo. Concepto e causas.- O procedemento de regulación de emprego. Calificación e efectos
PARTE III. DEREITO COLECTIVO DO TRABALLO

TEMA 14. LIBERDADE SINDICAL E DEREITO DE
ASOCIACIÓN EMPRESARIAL
A liberdade sindical. Concepto.- Ámbito subxectivo.- As asociacións empresariais como suxeitos excluídos.- Contido esencial e adicional.- Tutela da liberdade sindical.
Sindicatos e organizacións empresariais. Réxime xurídico. Representatividade sindical e acción sindical. A maior representatividade
e a suficiente representatividade.- A representatividade empresarial.

TEMA 15. PARTICIPACIÓN DOS TRABALLADORES NA EMPRESA
Representación estatutaria. Delegados de persoal e comités de empresa.- Comité conxunto e comité intercentros.- Comités de empresa europeos.- Competências dos representantes. Garantías e prerrogativas.
Representación sindical. Seccións sindicais e delegados sindicais. Asamblea de traballadores.

TEMA 16. A NEGOCIACIÓN COLECTIVA SUXEITOS NEGOCIADORES E ÁMBITOS PERSOAL, FUNCIONAL, TERRITORIAL E TEMPORAL.
A lexitimación para negociar e as unidades de negociación.- A concurrencia de convenios.- Duración e sucesión de convenios.- A negociación colectiva extraestatutaria.- Os acordos de empresa.
O proceso de negociación dos convenios. Solicitude de negociación e constitución da comisión negociadora.- Validez. Forma, rexistro e publicación dos convenios.- Control da ilegalidade ou lesividade. Adhesión e extensión. O contido dos convenios e a súa administración. Contido mínimo.- Contido normativo e obrigacional.- Interpretación e aplicación do convenio.

TEMA 17. CONFLICTOS COLECTIVOS E PROCEDEMENTOS DE SOLUCIÓN
Medidas de conflicto colectivo. O dereito de folga. Fontes reguladoras.Titularidade e limites: folgas ilegais e folgas ilícitas ou abusivas.Procedemento de desenvolvemento. Efectos. Folgas en servicios esenciais.- O peche patronal.
Procedementos de solución de conflictos colectivos. Especial referencia aos procedementos de conciliación, mediación e arbitraxe e ao procedemento de conflicto colectivo.

PARTE IV. DEREITO DA SEGURIDADE SOCIAL
TEMA 18. O SISTEMA DE SEGURIDADE SOCIAL
Estructura do sistema de Seguridade Social. O modelo constitucional de
Seguridade Social.- Nivel profesional ou contributivo.- Nivel asistencial ou non contributivo.- Réxime Xeral e Reximes Especiais da Seguridade Social. Xestión da Seguridade Social. Entidades xestoras e servicios comúns.- Entidades colaboradoras.
Actos de encuadramento. Inscripción, afiliación, altas e baixas. Financiación do Sistema de Seguridade Social. En particular, no Réxime Xeral. A obriga de cotización. Bases, tipos e cuotas

TEMA 19. A ACCIÓN PROTECTORA NO RÉXIME XERAL DE SEGURIDADE SOCIAL
Riscos profesionais e riscos comuns. Accidente de traballo, enfermidade
profesional, enfermidade común e accidente non laboral. Referencia ao risco durante o embarazo, á lactancia natural e ao coidado de menores con cáncer ou enfermidade grave. Tipoloxía e extensión da acción protectora. Definición, requisitos de acceso e cuantía: Asistencia santitaria. Incapacidade temporal. Maternidade, paternidade e risco durante o embarazo e a lactancia.Incapacidade permanente. Xubilación. Morte e supervivencia. Protección á familia. Desemprego.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000