Guia docente 2011_12
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito do traballo e da seguridade social
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Os contidos teóricos da materia serán avaliados nunha proba/examen final. Trátase
dunha proba teórica e escrita, que incluirá entre 5 e 7 preguntas de desenvolvemento
sobre os distintos epígrafes do programa. O alumnado deberá demostrar a adquisición
de coñecementos teóricos da materia en respostas de extensión intermedia. A
cualificación obtida nesta proba suporá o 30 % da nota final.
30
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Os contidos prácticos da materia serán avaliados nunha proba/examen final. Trátase
dunha proba/examen práctico consistente na resolución, por escrito, dun suposto/caso
práctico no que o alumnado aplicará os coñecementos prácticos adquiridos durante o
cuatrimestre. A cualificación obtida nesta suporá o 25 % da nota final.
25
Probas de tipo test Durante o cuatrimestre se realizarán 2 probas tipo test/cuestionarios sobre unha parte
dos contidos teóricos da materia. A cualificación obtida en cada test suporá un 10% da
nota final. En ningún caso a superación destes cuestionarios liberará de materia de
cara á realización do examen final. As datas de celebración de cada test/cuestionario
serán fixadas polo docente no cronograma da materia.
20
Outras A participación e intervención en clase, a realización dos supostos prácticos, a preparación, cando así proceda, das leccións teóricas... e, en xeral, calqueira actividade desenvolvida polo alumnado para superar a materia ao marxe das probas bxectivas parciais e finais, serán avaliados polo docente durante todo o cuatrimestre, tendo un valor ponderado sobre a cualificación final do 25%. 25
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

CONVOCATORIA
ORDINARIA MAIO-XUÑO (Sistema de avaliación continua/sistema avaliación final)

a)
Avaliación continua. Ao comenzo do curso, o alumnado deberá manifestar, por
escrito, conforme ao modelo

proporcionado
polo docente, a súa vontade de someterse ao sistema de avaliación continua.
Para poder optar ao sistema de

avaliación
continua, o alumnado deberá acreditar asistencia a un 80 % das clases teóricas
e prácticas. En caso contrario,

sempre
poderá acollerse ao sistema de avaluación final.

b)
Avaliación final. Aqueles/as alumnos/as que non se acollan ao sistema de
avaliación continua, serán avaliados

nun
examen final. Trátase dunha proba escrita, de carácter teórico e de carácter
práctico, sobre todos os contidos da

materia
e representará o 100% da nota final.

 

 

CONVOCATORIA
ORDINARIA XULLO

Se
o/a alumno/a non superase a materia na convocatoria ordinaria do mes de xuño, a
nota obtida na avaliación continua

desenvolvida
durante o curso conservarase para a convocatoria do mes de xullo. Porén, se non
superase a materia nas

dúas
citadas convocatorias do curso académico, o/a alumno/a tería que someterse a un
novo proceso de avaliación continua,

agás que opte
pola avaliación final teórica e práctica.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000