Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Máster Universitario en Avogacía-Pontevedra
 Materias
  Traballo de Fin de Máster
   Recomendacións


Materias que se recomenda ter cursado previamente
Prácticas Externas/P04M110V01301
 
Outros comentarios
Tal e como se establece no Real Decreto 1393/2007, modificado polo Real Decreto 861/2010, o plan de estudos correspondente ao título oficial proposto inclúe un Traballo Fin de Máster orientado á adquisición das competencias definidas na normativa polo que se planificou na parte final do ensino. Conforme á normativa universitaria os ensinos universitarios concluirán coa elaboración e defensa pública do Traballo Fin de Máster (TFM), polo que a materia relativa ao “Traballo de Fin de Máster” impartirase e desenvolverá no primeiro cuadrimestre do segundo curso académico. O seu contido fundamental concrétase, esencialmente, na realización e defensa dun traballo realizado a partir dunha memoria das prácticas, demostrando unha sólida formación no manexo de fontes legais, doctrinais e xrisprudenciais que serven de sustento ás actividades ou estratexias desenvolvidas e conclusións alcanzadas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000