Guia docente 2023_24
Facultade de Comercio
Máster Universitario en Comercio Internacional - Non Presencial
 Materias
  Comunicación Profesional Internacional
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
A3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e se enfrontar á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B3 Dominio de linguas estranxeiras aplicadas ao comercio.
C13 Dominio da terminoloxía específica ( Incoterms).
C18 Coñecemento dos rexistros específicos do inglés para negocios.
C19 Dominio da redacción comercial en inglés, utilización correcta dos termos técnicos.
C20 Dominio oral da linguaxe comercial en inglés.
C21 Coñecemento do inglés en contextos específicos: feiras, mercados, reunións, negociacións.
D1 Capacidade para comprender o significado e aplicación da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de alcanzar unha sociedade máis xusta e igualitaria.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000