O obxectivo xeral da asignatura oriéntase a lograr que o alumno interiorice as particularidades da xestión financeira unha PYME. Para alcanzalo, expoñeranse os conceptos básicos da xestión financeira tendo en conta a perspectiva da dimensión da empresa, as características dos recursos financeiros máis habitualmente empregados por as empresas de pequeno e mediano tamaño, así como as técnicas dispoñibles para o manexo adecuado dos recursos que permitan asegurar a liquidez, mellorar a rentabilidade e reducir o risco.