Guia docente 2023_24
Facultade de Comercio
Grao en Comercio
 Materias
  Xestión de aprovisionamentos e distribución comercial
   Recomendacións


Materias que se recomenda ter cursado previamente
Empresa: Principios de xestión responsable/V06G270V01103
 
Outros comentarios
- É conveniente manter actualizados os datos de contacto na plataforma MOOVI. Ademais, é necesario subir nela unha fotografía tipo carné para evitar a entrega de follas en formato papel. - É fundamental asistir ás sesións de aula co material necesario para o seu desenvolvemento. - Non se utilizarán de forma continuada teléfonos móbiles, ordenadores, portátiles, tablets ou similares nas sesións de traballo, polo que se solicita que estean desconectados cando non se estean a usar. Non obstante, avisarase con antelación cando sexa necesario incorporar algún destes dispositivos. - É importante xerar na aula, entre todas e todos, un ambiente de confianza e respecto que permita manifestarnos con liberdade, establecer dinámicas de cooperación e, polo tanto, poder desfrutar do aprendizaxe. - Abordarase a nosa materia dende unha perspectiva de xénero e desde un punto de vista interseccional, naqueles puntos nos que o contido o precise. (*) Esta guía docente anticipa as liñas de actuación que se deben levar a cabo co estudantado na materia e concíbese de forma flexible. En consecuencia, pode requirir reaxustes ao longo do curso promovidos pola dinámica da clase, do grupo de destinatarios/as ou pola relevancia das situacións que puidesen xurdir. Así mesmo, aportarase ao alumnado a información e as pautas concretas que sexan necesarias en cada momento do proceso de formación.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000