Guia docente 2023_24
Facultade de Comercio
Grao en Comercio
 Materias
  Xestión de aprovisionamentos e distribución comercial
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Varias probas e actividades nas que o estudante debe solucionar unha serie de casos, problemas e exercicios nun tempo e condicións establecidos polo profesor/a. Desta maneira, o alumno/a debe aplicar os coñecementos que adquiriu.

60 B1
B2
C4
C5
C15
D3
D5
Exame de preguntas obxectivas Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas directas sobre un aspecto concreto. Os estudantes deben responder de maneira directa e razoada en base aos coñecementos que teñen sobre a materia. 40 B1
B2
C4
C5
C15
D3
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓNCONTINUA

A Avaliación doestudante realizarase do seguinte xeito:

- Exame final (40 %da nota final). Realizarase un único exame ao final do cuadrimestre que terálugar na data, hora e lugar establecido pola Dirección da Escola da Facultadede Comercio.

- Probas e actividades de seguimento (60 % da nota final). Estas actividades desenvolveranse nas sesións teóricas ou prácticas. Só se poderán realizar nas datas e sesións establecidas, debendo cada estudante asistir ao grupo que teña asignado para a realización das mesmas. As datas serán elixidas e aprobadas polos/as alumnos/as nas primeiras semanas de clase, partindo da proposta feita pola profesora o día da presentación da materia.

Para superar amateria é necesario cumprir dúas condicións: superar o exame final e acadar unmínimo de 5 puntos na materia. O resultado da avaliación expresarase nunhaescala de 0 a 10 puntos.

No caso de superar oexame, a nota final da materia resultará da suma da nota acadada no exame, e nasprobas e actividades de seguimento. En cambio, no caso de non superar o exame, a nota finalda materia será a resultante de expresar a nota do exame final nunha escala de0 a 10 puntos. Os/as alumnos/as que participen nalgunha proba de avaliacióncontinua e non se presenten ao exame final cualificaranse como suspensos e asúa nota estará entre 0 e 4.

AVALIACION NONCONTINUA

As persoas que nondesexen aproveitar o sistema de avaliación continua poderán facer un exame (100% da puntuación) cun nivel de dificultade superior ao anterior. Este terá lugarna data, hora e lugar establecido pola Dirección da Facultade de Comercio (https://fcomercio.uvigo.es/).

O estudante deberásolicitar o sistema de avaliación non continua a través da plataforma MOOVI nasdatas establecidas pola profesora.

O exame dividirase endúas partes: a primeira (que coincide co exame de avaliación continua)representará o 40 % da nota e a segunda, o 60 % restante (no que o seu nivel dedificultade será un pouco maior).

Para superar amateria é necesario cumprir dúas condicións: superar a primeira parte e acadarun mínimo de 5 puntos na materia. Se non se supera a primeira parte, enactas aparecerá a nota desta nunha escala de 0 a 10 puntos.

SEGUNDA CONVOCATORIA

A segundaconvocatoria rexerase polas mesmas normas. O exame da convocatoriaextraordinaria terá lugar na data, hora e lugar establecido pola Dirección daFacultade de Comercio (https://fcomercio.uvigo.es/).

CONVOCATORIA DE FINDE CARREIRA

Na convocatoria defin de carreira, plantexarase un exame que suporá o 100% da cualificación. Esteterá lugar na data, hora e lugar establecido pola Dirección da Facultade deComercio (https://fcomercio.uvigo.es/).

OBSERVACIÓNS

Calqueraevidencia de probas plaxiadas ou copiadas, total ou parcialmente, suporá unhacualificación de suspenso en tódalas convocatorias do curso académico.

Todasas probas deberán ser entregadas a súa finalización e baixo ningún conceptoporán ser sacadas fóra da aula.

Arevisión dos exames terá lugar no horario e lugar establecido pola profesora.

Facilitaraseo cronograma da materia a través de Google Calendar, o enlace para accederestará a disposición dos/das alumnos/as antes do comezo do cuadrimestre. Nel farase constar as actividades a realizar en cada unha das sesións.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000