Guia docente 2023_24
Facultade de Comercio
Grao en Comercio
 Materias
  Mercadotecnia estratéxica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Valorarase a asistencia, actitude e participación do alumnado como requisito para ter dereito á avaliación continua (ver outros comentarios). 2 B2
B6
C7
Estudo de casos Valorarase o desenvolvemento e entrega dos casos prácticos, así como a súa exposición. A resolución do caso debe ser fundada cunha explicación teórica. Tamén se realizarán probas tipo test de repaso. 18 B2
B3
B4
B5
B6
C24
Traballo tutelado Plan de marketing, en grupo ou individual
Caso práctico individual
10 B2
B3
B4
B5
C24
Exame de preguntas obxectivas Valoraranse os coñecementos mediante varias probas con preguntas tipo test e/ou de resposta curta (teoricas e prácticas). 30 B3
C7
C24
Exame de preguntas de desenvolvemento Valoraranse os coñecementos mediante preguntas de desenvolvemento (teóricas e prácticas). 40 B3
C7
C24
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN CONTINUA

Nesta materia séguese o sistema de avaliación continua. Con todo, pódese renunciar explicitamente a dita avaliación continua solicitándoo por e-mail ao profesorado da materia, antes do día 1 de novembro. Para ter dereito a “Avaliación continua” o alumnado debe asistir a un mínimo do 80% das clases prácticas e realizar o 100% das actividades prácticas que se soliciten (habitualmente 1 por clase práctica). Deste xeito, se unha alumna ou alumno non asistise a clase (de forma xustificada) deberá entregara/s tarefa/s ou actividade/s nos 3 días seguintes á data máxima de entrega, non tendo en conta a non asistencia só para o cálculo da porcentaxe de asistencia mínima (80%). Para estes efectos, NON se consideran entregadas as prácticas que non se suban á plataforma Moovi, se o profesorado habilita unha entrada para as mesmas, ou na súa ausencia, non se entreguen en papel. A entrega fóra de prazo ten unha penalización mínima do 25% da nota. Despois de transcorridos 3 días da data máxima de entrega as tarefas ou actividades non se valorarán. Realizaranse unhas probas tipo test ao final de cada un dos temas de teoría. As puntuacións obtidas nestes probas contarán para a evaluación continua. Tamén se realizará un traballo tutelado (obrigatorio para avaliación continua), que terán que defender nunha exposición, e que se poderá realizar de forma individual ou en grupo (será o profesorado quen o decida). A nota da parte práctica será sobre 1,8 puntos, Participación e asistencia 0,2 puntos, Probas parciais 3 puntos, traballo tutelado 1 punto, e o exame final terá un peso de 4 puntos (aínda que se valorarán todas as partes sobre 10). Deste xeito anota final da materia calcularase en base á seguinte fórmula: (Puntuación da parte práctica x 0,18) + (Participación e asistencia x 0,02) + (Puntuación do traballo tutelado x 0,1) + (Puntuación das probas parciais tipo test x 0,3) + (Puntuación da proba final x 0,4) O alumnado deberá obter un aprobado en todas as partespor separado, para poder optar ao aprobado na materia. Se non se aproba algunha parte non se ten dereito a facer media das puntuacións. As alumnas e alumnos que non cumpran os requisitos anteriores (asistencia mínima dun 80%, aprobar por separado prácticas, traballoe probas) terán que presentarse ao exame oficial da materia por AVALIACIÓN GLOBAL (cunha puntuación de 0 a10, sendo o "Aprobado" un 5), e este exame será diferente ao do alumnado de avaliación continua.

AVALIACIÓN GLOBAL

As alumnas e alumnos deben aprobar o exame fixado oficialmente (cunha nota mínima dun 5), que será diferente ao exame de avaliación continua. A materia que entrará para ambos tipos de avaliación (continua e global) para o exame final será tanto a impartida nas clases teóricas como a impartida nas clases prácticas, e todo aquel contido e material dispoñible en Moovi.

SEGUNDA OPORTUNIDADE EN XULLO PARA OS DOUS SISTEMAS DEAVALIACIÓN

Exame oficial da materia establecido polo Centro noseu calendario de exames, sendo o aprobado un 5 sobre 10. Excepcionalmente,mantense o sistema de avaliación continua (e anota obtida) para as alumnas ealumnas en avaliación continua que non aprobasen na oportunidade anterior.

ASPECTOS XERAIS

  • En todos os sistemas, oportunidades e traballos o aprobado será o 50% da puntuación máxima. E deben superarse todos para poder optar a avaliación continua.
  • Toda a materia impartida ao longo do cuadrimestre (clases de teoría, clases de práctica, material dispoñible en Moovi), é obxecto de entrar no exame.
  • Ao longo do curso, nas clases de teoría, realizaranse unhas probas de repaso (preguntas tipo test), que se terán en conta para o cálculo da valoración da avaliación continua.
  • Todos os exames terán unha parte de preguntas tipo test e outra parte de preguntas de desenvolvemento, podendo ser estas preguntas teóricas ou prácticas (resolución de exercicios/problemas).
  • Sempre e cando os e as estudantes superasen a materia segundo os criterios antes descritos, sumarase á nota que obtivesen un máximo de 0,5 puntos pola participación en determinadas actividades externas que eventualmente teñan lugar durante o cuadrimestre en que se imparta a materia, e que o profesorado desta materia considere de interese. Poderá tratarse de actividades organizadas polo centro, a universidade, ou outras entidades, como visitas a empresas, charlas, mesas redondas, conferencias, talleres, seminarios, ou similares. Para iso, o profesorado da materia comunicará previamente ao alumnado, polos medios habituais (en horas presenciais ou por Moovi), aquelas actividades nas que a participación suporá un incremento da nota. Bonificarase a participación en cada actividade con 0,25 puntos, e ata un máximo de 0,5 puntos; en calquera caso, a nota final da materia non poderá superar o máximo de 10 puntos. O alumno ou alumna deberá achegar algún documento acreditativo da súa participación en cada actividade que desexe que se lle contabilice nos prazos indicados pola persoa que coordine a materia. No caso de actividades organizadas polo centro, este encargarase de recompilar a devandita información e trasladala ao profesorado.

Convocatoria fin de carreira: Nesta convocatoria non se aplica o sistema de avaliacióncontinua polo que os alumnos deberán superar (5 sobre 10) o exame na dataestablecida oficialmente. Examinaranse tanto da teoría como da práctica.

NOTAS: As datas de todos os exames poderanse consultar na páxina web do centrohttps://fcomercio.uvigo.es Un comportamento inadecuado na aula (valórase a participación e actitude) ou ouso inadecuado dos dispositivos móbiles poden afectar negativamente á cualificaciónfinal do alumnado.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000