Guia docente 2016_17
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación
 Materias
  Seguridade Multimedia
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2016_17
Materia Seguridade Multimedia Código V05M145V01318
Titulacion
Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación
Descriptores Cr.totais Carácter Curso Cuadrimestre
5 OP 2 1c
Lingua impartición
Inglés
Prerrequisitos
Coordinador/a
Pérez González, Fernando
Correo-e fperez@gts.uvigo.es
Profesorado
Pérez González, Fernando
Web http://faitic.uvigo.es
Descrición xeral A seguridade multimedia é un tema cada vez máis importante dado que a maior parte da información que se intercambia hoxe en día en Internet é multimedia. As solucións de protección de datos tradicionais como a criptografía só poden solucionar o problema parcialmente, porque os contidos, unha vez descifrados, deixan de estar protexidos. Ademais, hai unha preocupación crecente sobre a integridade dos contidos multimedia: as ferramentas modernas de edición cuestionan a nosa confianza nos vídeos, imaxes ou audio. Afortunadamente, numerosos de grupos investigación e empresas abordaron estes problemas e propuxeron solucións enxeñosas.

O presente curso presenta temas en seguridade multimedia, facendo énfase na criptografía, o marcado de auga, en análise dixital forense e o procesado de sinal no dominio cifrado.

Impártese e evalúase en inglés. Os contidos están en inglés. Os alumnos poden participar nas clases e responder nos exames desexablemente en inglés, pero tamén é posible facelo en galego ou castelán.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000