Guia docente 2016_17
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación
 Materias
  Deseño de Circuítos de Microondas e Ondas Milimétricas e CAD
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Serán impartidas nunha aula coa axuda dunha lousa e un proxector de vídeo.
Describiranse os conceptos principais dos distintos Capítulos, coa excepción do último Capítulo, que se corresponde cun traballo de aplicación a realizar polo estudante.
Estas clases están orientadas á adquisición das competencias: CG1,4,8 e CE38/OP8.
Prácticas en aulas de informática Durante estas clases, coa axuda dun simulador comercial de circuítos de microondas, o estudante deseñará un prototipo circuital, entre aqueles descritos no temario. Este traballo completarase a través do traballo persoal tutorizado que realizará o estudante.
Estas clases están orientadas á adquisición das competencias: CG1,4,8 e CE38/OP8.
Prácticas de laboratorio O prototipo anteriormente deseñado polo estudante, durante as prácticas en salas de computadores e o seu traballo persoal, será fabricado en tecnoloxía integrada híbrida e e posteriormente caracterizada utilizando a instrumentación de medida adecuada.
Estas clases están orientadas á adquisición das competencias: CG1,4,8 e CE38/OP8.
Traballos tutelados Coa axuda das horas de práctica en salas de computadores, e a través do seu traballo persoal, o estudante será guiado na realización individual dun deseño dun prototipo circuital. Despois fabricará este prototipo e avaliará o seu rendemento durante as prácticas de laboratorio. O estudante redactará un informe final do traballo. Este proxecto requirirá a maior parte do esforzo do estudante na materia.
Estas clases están orientadas á adquisición das competencias: CG1,4,8 e CE38/OP8.
Traballos tutelados Cada estudante preparará de forma individual un informe escrito sobre un dos temas do temario da materia, asignado polo profesor. Este traballo será avaliado a través dunha presentación oral na que contestará a cuestións curtas sobre o traballo.
Estas clases están orientadas á adquisición das competencias: CG1,4,8 e CE38/OP8.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000