Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación
 Materias
  Antenas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Preguntas conceptuais sobre o temario.
10 A2
Práctica de laboratorio Valorarase a calidade das memorias presentadas, a participación e actitude demostrada nas prácticas, así como a presentación oral do traballo. 60 A2
A4
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame final: Proba para avaliación das competencias que inclúe preguntas abertas sobre un tema. Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta extensa a unha situación práctica exposta. 30 A2
A4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Ofrecerase aos alumnos que cursen esta materia dous sistemas de avaliación: avaliación continua e avaliación global.

1. AVALIACIÓN CONTINUA

O sistema de avaliación continua consistirá en:

  • Unha
    proba de resposta curta que se realizará en clase aproximadamente na
    metade do período docente. Valoración 10%. Puntuación EC1, cun máximo de
    1 punto.
  • Un exercicio de deseño de antenas para unha aplicación
    concreta. Realizarase fundamentalmente de forma autónoma mediante
    ferramentas de simulación. O estudante elaborará unha memoria que
    entregará e presentará en clase ao final do cuadrimestre. Puntuación
    EC2, cun máximo de 6 puntos. Os 6
    puntos deste exercicio distribuiranse así: 2 puntos pola participación
    activa nas sesións (en grupos C) dedicadas aos deseños e á
    súa presentación e discusión; 2 puntos pola calidade da solución
    proposta;
    1 punto pola calidade da memoria presentada; e 1 punto pola calidade da
    presentación
    oral.
  • Un exercicio de resposta longa no que se resolverán
    problemas de análises e deseño de antenas para aplicacións concretas.
    Realizarase o mesmo día fixado para o exame final ordinario da materia.
    Valoración 30%. Puntuación EC3, cun máximo de 3 puntos.
  • As
    probas de avaliación continua non son recuperables, é dicir, se un
    alumno non pode cumprilas no prazo estipulado o profesor non ten
    obrigación de repetirllas.
  • A nota final de avaliación continua
    (EC) calcularase como a suma das puntuacións obtidas no tres probas
    planificadas: EC=EC1+EC2+EC3.
  • A cualificación obtida nas tarefas avaliables (EC) será válida tan só para o curso académico no que se realicen.
  • Se establece un plazo de un mes dende o inicio do curso para renunciar a EC.
  • La participación en las prácticas es voluntaria

2. AVALIACIÓN GLOBAL - CONVOCATORIA ORDINARIA

Consistirá en:

  • Un exame final que avaliará as competencias CB2, CG4, CE2, CE3, CE5. Valoración 40%. Puntuación EF1, cun máximo de 4 puntos.
  • O
    mesmo día do exame o estudante entregará a memoria dun deseño de
    antenas previamente asignado. Emprazaráselle a unha presentación oral en
    sesión pública no prazo máis breve posible respectando a
    compatibilidade con outros exames do mesmo curso e titulación.
    Puntuación: 3 puntos por la presentación e 3 puntos pola memoria.
  • As cualificacións parciais EF1 e EF2 poderán conservarse só ata a avaliación única - segunda oportunidade, dentro do mesmo curso.

3. AVALIACION GLOBAL - CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA

Seguirá o mesmo procedemento que a avaliación global ordinaria.

  • Os
    estudantes, se así o desexan comunicándoo antes de empezar o exame,
    poderán conservar a súa nota previa da parte EF1 (ou alternativamente
    EC3+EC1) ou ben da parte EF2 (ou EC2).

4. AVALIACION GLOBAL - CONVOCATORIA DE FIN DE CARREIRA

Seguirá o mesmo procedemento que a avaliación global ordinaria.

  • Os estudantes, se así o desexan comunicándoo antes de empezar o exame, poderán conservar a súa nota previa da parte EF1 (ou alternativamente EC3+EC1) ou ben da parte EF2 (ou EC2).

OBSERVACIÓNS: 

Antes
da realización ou entrega de cada proba indicarase a data e
procedemento de revisión das cualificacións obtidas , que serán públicas
nun prazo razoable de tempo.

  • Considérase presentado a todo
    alumno que se presente a calquera dos dous exames finais. Así mesmo
    considerarase presentado a quen se acolla ao sistema de avaliación continua nos termos descritos anteriormente.
  • Considérase que a materia está aprobada se a nota final é igual ou superior a 5.
  • Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000