Guia docente 2016_17
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación
 Materias
  Sistemas Electrónicos Dixitais Avanzados
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de resposta curta Realizarase unha proba obxectiva ao finalizar o cuadrimestre. Esta proba avalía todos os contidos impartidos nas clases teóricas.
30 C10
C11
C12
C14
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Estas probas realízanse durante as sesións de prácticas de laboratorio. A asistencia ás prácticas de laboratorio é obrigatoria e o alumno, polo menos, debe completar 4 das 5 sesións. A realización práctica dos circuítos indicados no guión e os informes entregados despois de cada sesión representan o 20% da cualificación final. 20 B4
B8
C10
C11
C12
C14
Traballos e proxectos Nas primeiras semanas do cuadrimestre asignarase a cada alumno un traballo para realizar de forma individual. Este traballo estará relacionado con algún dos contidos da materia e representa o 20% da cualificación final.
Ademais os estudantes deben presentar ao finalizar o bimestre un proxecto tutorizado que representa o 30% da nota final. A supervisión do progreso desta tarefa realizarase de forma continua pero o desenvolvemento final debe ser defendido polos autores de forma oral.
50 A4
A5
B4
B8
C10
C11
C12
C14
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. Avaliacióncontinua

A materia podeser superada coa nota máxima a partir da avaliación continua, sennecesidade de presentarse ao exame final. Os estudantes que asistan a máis de 2sesións de laboratorio considérase que optan pola avaliación continua.

O peso e ocontido de cada unha das partes da avaliación continua son asseguintes:

1.1 Proba obxectiva (NExam):

  • Esta proba cobre todos os contidos impartidos nas sesións de teoría e consta de exercicios curtos ou de desenvolvemento.
  • A data desta proba coincide coa data do exame final.
  • O estudante supera esta parte se obtén unha nota NExam maior ou igual a 5 sobre 10.

1.2 Prácticasde laboratorio (NPrac):

  • O estudante debe completar 4 das 5 sesións de prácticas para superar esta parte.
  • O estudante debe implementar de forma correcta os circuítos descritos nos guións das prácticas e entregar un informe de resultados correspondente a cada práctica. A cualificación de cada práctica depende destes resultados.
  • Pode ser realizado de forma individual ou por grupos de 2 alumnos. Neste último caso e se ambos asisten á práctica, a cualificación é a mesma para os 2 alumnos.

1.3 Traballo (NTask):

  • Asígnase de forma individual a cada alunmo.
  • O alumno presenta o traballo de forma escrita.

1.4 Proxecto (NPro):

  • Debe ser presentado polos autores de forma oral.
  • Debe ser realizado por grupos colaborativos de 2 ou máis alumnos. O 60% da nota final do proxecto (NPro) obtense a partir da tarefa individual asignada a cada estudante, o 20% das tarefas do grupo, o 10% da presentación oral de cada estudante e o 10% do informe do proxecto.
  • O estudante supera esta parte se obtén unha nota NPro maior ou igual a 5 sobre 10.

1.5 Cualificación final (Final_ca)

A cualificaciónfinal da avaliación continua obtense da seguinte forma:

Final_ca: =(NExam*0.3 + NPrac*0.2 + NTask*0.2 + NPro*0.3) se NExam e NPro son maiores ou iguais a 5;

Final_ca = min[(NExam*0.3 + NPrac*0.2 + NTask*0.2 + NPro*0.3), 4.5] noutro caso;

O estudanteque non supera unha ou máis das partes da avaliación continua ten outraoportunidade para recuperar as seguintes partes na avaliación final:

  • Pode mellorar o seu traballo e esta nota substitúe á anterior (Ntask).
  • Pode completar e defender de novo o seu proxecto e esta nota substitúe á anterior (NPro).

2. Exame avaliación final

Realizarase o exame final ao finalizar o cuatrimestre e na convocatoria de xullo.

  • No exame final avalíanse todos os contidos. Consiste en varios problemas curtos ou de desenvolvemento e dura 2 horas. Para superar o exame final é necesario obter un 5 sobre 10 e representa o 50% da nota final (NExam).
  • Os alumnos deben presentar os resultados das mesmas prácticas de laboratorio realizadas na avaliación continua. O peso destas prácticas representa o 20% da nota final (Nprac).
  • Para superar a materia os alumnos deben presentar un proxecto cos mesmos obxectivos e complexidade que o proxecto realizado na avaliación continua. Este proxecto representa o 30% da nota final (NPro) e é necesario obter unha nota maior que 5 sobre 10 para superar a materia.

A nota final(Final_ex) obtense da seguinte maneira:

Final_ex: =(NExam*0.5 + NPrac*0.2 + NPro*0.3) se NExam e NPro son maiores ou iguais a 5;

Final_ex = min[(NExam*0.5 + NPrac*0.2 + NPro*0.3), 4.5] noutro caso;

3. Outros comentarios

  • O estudante poderá redactar os seus informes, traballos, exames ou presentacións en castelán, galego ou inglés.
  • As notas obtidas na avaliación continua ou nos exames finais só son válidas para o curso académico actual.
  • Non se permite o uso de libros, notas ou dispositivos electrónicos como teléfonos ou computadores en ningún exame. Os teléfonos móbiles deben apagarse e estar fora do alcance do alumno.
  • En caso de detección de plaxio nalgún dos traballos/probas realizadas a cualificación final da materia será de "suspenso (0)" e os profesores comunicarán á dirección da escola o asunto para que tome as medidas que considere oportunas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000