Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación
 Materias
  Deseño de Circuitos Electrónicos Analóxicos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Aprendizaxe baseado en proxectos O estudantado deberá realizar un proxecto teórico-práctico que será avaliado tendo en conta o traballo desenvolvido, os resultados obtidos, a presentación e análise dos mesmos, así como a calidade da memoria final entregada, se esta fose requirida. A nota final do proxecto (NPT: Nota do Proxecto Tutelado) estará comprendida entre 0 e 10 puntos. A avaliación do proxecto constará dunha parte común de avaliación do traballo, se este se realiza en grupo, na que a cualificación de cada compoñente será a mesma, e dunha avaliación individualizada, obtida a partir da valoración da súa contribución individual e da presentación oral do proxecto desenvolvido, se esta se levara a cabo. Neste traballo avaliaranse as competencias A4, A5, B4, B8, C12 e C14. 15 A4
A5
B4
B8
C12
C14
Prácticas de laboratorio Avaliaranse as competencias adquiridas durante as prácticas de laboratorio da materia. A nota final de prácticas de laboratorio (NPL) estará comprendida entre 0 e 10 puntos. A avaliación das prácticas contará dunha parte común de avaliación do traballo realizado en grupo, na que a cualificación de cada compoñente será a mesma, e dunha avaliación individualizada, obtida a partir das tarefas de traballo individual previo e de cuestións personalizadas en cada unha das sesións. Nestas prácticas avaliaranse as competencias A4, A5, B4, B8, C12 e C14. 25 A4
A5
B4
B8
C12
C14
Exame de preguntas obxectivas Proba obxectiva, proba de teoría que se realizará despois de un grupo de temas expostos nas sesións maxistrais para avaliar os coñecementos adquiridos polo estudantado. A nota desta proba obxectiva (PO) estará comprendida entre 0 e 10 puntos. Nesta proba avaliaranse as competencias A4, A5, B4, B8, C12 e C14. 30 A4
A5
B4
B8
C12
C14
Exame de preguntas obxectivas Proba obxectiva, proba de teoría que se realizará despois dun grupo de temas expostos nas sesións maxistrais para avaliar os coñecementos adquiridos polo estudantado. A nota desta proba obxectiva (PO) estará comprendida entre 0 e 10 puntos. Nesta proba avaliaranse as competencias A4, A5, B4, B8, C12 e C14. 30 A4
A5
B4
B8
C12
C14
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. Avaliación continua


Seguindo as directrices propias da titulación e os acordos da comisión académica ofrecerase nesta materia un sistema de avaliación continua.



Enténdese que o alumnado que realice 1 proba obxectiva (proba de teoría) ou 1 sesión de prácticas de laboratorio ou 1 sesión de proxecto tutelado despois de transcorrer un mes desde o encomezo das clases opta pola
avaliación continua
da materia.




A avaliación da materia divídese en probas obxectivas (60%) e probas prácticas (40%). As cualificacións das tarefas avaliables serán válidas só para o curso académico no que se realizan. A cualificación final dun estudante que escolla esta vía no poderá ser "non presentado".

A planificación das diferentes probas de avaliación estará dispoñible ao principio do cuadrimestre.

1.a Probas obxectivas (tipo test e/ou preguntas curtas)



Realizaranse 2 probas parciais obxectivas (PO), probas de teoría, debidamente programadas ao longo do curso.



Cada proba constará dunha serie de preguntas curtas e/ou de tipo test e/ou resolución de problemas e/ou exercicios. A nota de cada proba (PO) valorarase de 0 a 10 puntos. A nota das probas ás que falte será de 0 puntos. Para superar esta parte de probas obxectivas será necesario obter polo menos
5 puntos de 10 en cada unha delas (PO1 > = 5 e PO2 >= 5).

Se PO1 > = 5 e PO2 >= 5 entón a nota final obtida nas probas obxectivas (NPO) será a media aritmética das notas das probas:



NPO = (PO1 + PO2)/2

en caso contrario a nota será:

NPO = 5 -Suma(Ai)/2 sendo Ai = max( {0; 5-POi} ) para i= 1, 2.

1.b Probas prácticas

1.b.1 Prácticas de laboratorio

Realizaranse 5 sesións de prácticas de laboratorio de 2 horas en grupos de 2 persoas. A parte práctica cualificarase mediante a avaliación continua de todas as prácticas.

A valoración da parte práctica farase de forma individual. Terase en conta o traballo individual de preparación previa, a participación e o traballo desenvolvido por cada membro do grupo durante as sesións no laboratorio. Cada práctica valorarase cunha nota (PL) entre 0 e 10 puntos. A nota das prácticas ás que se falte será de 0. A nota final das prácticas de laboratorio (NPL) será a media aritmética de todas elas.

Para superar esta parte práctica será necesario obter polo menos 5 puntos de 10 en NPL. Ademais, o estudantado só poderá faltar a 1 sesión (na que PL = 0); se isto non se cumpre NPL = 0.

1.b.2 Proxecto tutelado

Na primeira sesión de titoría en grupo (horas tipo C) presentaranse todas as actividades a realizar e asignaranse os proxectos concretos. O profesorado seguirá o desenvolvemento do traballo nas restantes sesión de titoría en grupo (horas tipo C).

O proxecto será avaliado en función do traballo desenvolvido, da calidade dos resultados obtidos, da presentación e análise dos mesmos, así como da calidade da memoria final realizada, se esta fose requirida. O proxecto valorarase cunha nota (NPT: Nota do Proxecto Tutelado) de 0 a 10 puntos.

Para superar esta parte, NPT terá que ser de polo menos 5 puntos de 10. Ademais, o estudantado non poderá faltar a máis de 1 sesión; se isto non se cumpre NPT = 0.

1.c Nota final da materia

Na nota final (NF), as probas
obxectivas terán un peso do 60% (30% cada proba) e as probas prácticas o restante 40% (o
25% de NF corresponderá á nota final obtida nas prácticas de laboratorio
(NPL) e o 15% de NF á nota obtida no proxecto tutelado (NPT)). Para
aprobar a materia será imprescindible superar a parte de probas
obxectivas (parte de teoría), a parte de prácticas de laboratorio e a
parte do proxecto tutelado. Neste caso a cualificación final será a suma
ponderada das notas de cada parte:

NF = 0,60·NPO + 0,25·NPL + 0,15·NPT

No
caso de non alcanzar o mínimo de 5 puntos nalgunha das probas parciais obxectivas (PO1 < 5 ou PO2 <5), ou de non superar algunha das
partes prácticas (NPL < 5 ou NPT < 5), a nota final será a obtida
coa seguinte expresión:

NF = min( { 4,9; (0,60·NA + 0,25·NB + 0,15·NC) } ), onde:

NA = 5 -Suma(Ai)/2 sendo Ai = max( {0; 5-POi} ) para i= 1, 2.

NB = min( {5; NPL} )

NC = min( {5; NPT} )

Para aprobar a materia será necesario obter unha nota final NF>=5.

2. Avaliación global

Quen non opte pola avaliación continua poderá presentarse a un exame global que constará dunha serie de actividades avaliables similares ás que se contemplan na avaliación continua. Así, nas datas establecidas pola dirección da Escola para a realización do exame final, quen non optase pola avaliación continua deberá realizar dúas probas obxectivas, unha proba práctica, e entregar unha memoria final dun proxecto tutelado previamente asignado.

As dúas probas obxectivas constarán dunha serie de preguntas curtas e/ou de tipo test e/ou resolución de problemas e/ou exercicios. Estas probas obxectivas, PO1 e PO2, valoraranse de 0 a 10 puntos.

A proba práctica valorarase de 0 a 10 puntos e a nota final de prácticas de laboratorio (NPL) será a cualificación obtida.

Para avaliar o proxecto tutelado terase en conta o traballo desenvolvido, a calidade dos resultados obtidos, a presentación e análise dos mesmos, así como a calidade da memoria final realizada, se esta fose requirida. O proxecto valorarase cunha nota (NPT) de 0 a 10 puntos.

Para aprobar a materia será imprescindible obter un mínimo de de 5 puntos sobre 10 en PO1, PO2, NPL e NPT. Neste caso a cualificación final será a obtida coa seguinte expresión:

NF = 0,60·NPO + 0,25·NPL + 0,15·NPT, onde:

NPO será a media aritmética das notas das probas obxectivas:

NPO = (PO1 + PO2)/2

No caso de non alcanzar o mínimo de 5 puntos nalgunha das probas
parciais obxectivas (PO1 < 5 ou PO2 < 5), ou de non superar
algunha das partes prácticas (NPL < 5 ou NPT < 5), a nota final será a obtida coa seguinte expresión:

NF = min( { 4,9; (0,60·NA + 0,25·NB + 0,15·NC) } ), onde:

NA = 5 -Suma(Ai)/2 sendo Ai = max( {0; 5-POi} ) para i= 1, 2.

NB = min( {5; NPL} )

NC = min( {5; NPT} )

Para aprobar a materia será necesario obter unha nota final NF>=5.

3. Oportunidade extraordinaria e convocatoria de fin de carreira

Estas convocatorias constarán dunha serie de actividades avaliables similares ás que se contemplan no apartado 2. Terá o mesmo formato que a avaliación global e celebrarase na data que estableza a dirección da Escola. Para a asignación do proxecto tutelado o alumnado debe apuntarse previamente seguindo o procedemento indicado polo profesorado con suficiente antelación.

Na oportunidade extraordinaria, as notas das partes ás que non se presente o estudante serán as obtidas na oportunidade ordinaria (avaliación continua o global) do curso académico actual. Ademais, neste caso só poderá presentarse ás probas que non superou na oportunidade ordinaria.

O cálculo da nota final da materia realizarase tal e como se explica no apartado 2.

4. Sobre o comportamento ético do alumnado

Espérase que o alumno presente un comportamento ético axeitado. No caso
de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de
aparellos electrónicos non autorizados, ou outros), en
calquera dos traballos/probas realizadas, a cualificación final será de
SUSPENSO (0) e o feito será
comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000