Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación
 Materias
  Tecnoloxías de Rede
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Resolución de problemas de forma autónoma Trátase de tarefas, resolución de exercicios, preguntas e tests autoavaliables na aula virtual que deben ser realizadas polos alumnos de xeito individual, autónomo e non presencial, sempre cunha data límite. Estas actividades teñen un peso global conxunto do 15% no caso da avaliación continua. Con esta metodoloxía traballaranse as competencias CB5, CG1, CG4, CG8, CG12, CE4, CE6, CE7, CE12
Resolución de problemas Trátase da resolución de problemas de deseño, planificación e dimensionamento de redes. Con esta metodoloxía traballaranse as competencias CG1, CG4, CG8, CE6, CE7
Gamificación No aula virtual usarase un sistema de gamificación que emprega puntos de actividade, mecánicas e elementos de gamificación para fomentar a realización das actividades online puntuables e participar de maneira significativa en foros de axuda, dudas e discusións. Isto permitirá ao alumno obter recompensas para poder empregar nos exames ou na avaliación continua.

Os foros de discusión serán a vía preferida para a atención non presencial ás dúbidas relativas aos contidos da materia. A gamificación fomentará a axuda entre compañeiros e a resolución colaborativa de dúbidas nos foros. Ademais de contribuír ao incremento da motivación, con esta metodoloxía traballaranse tamén as competencias CB5, CG12
Lección maxistral Exposición das ideas, conceptos, técnicas e algoritmos de cada unha das unidades temáticas do curso. Con esta metodoloxía traballaranse as competencias CG1, CG4, CG8, CE4, CE6, CE7, CE12
Prácticas de laboratorio Trátase de prácticas de planificación, deseño, configuración e resolución de problemas de escenarios de rede. Software empregado: GNS3, WireShark. Con esta metodoloxía traballaranse as competencias CG1, CG4, CG8, CG12, CE4, CE6, CE7, CE12
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000