Guia docente 2023_24
Escuela de Ingeniería de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación (docencia en inglés)
 Materias
  Dispositivos optoelectrónicos
   Contidos
Tema Subtema
Tema 1: Introdución Principios e clasificación dos dispositivos optoelectrónicos. Unidades radiométricas e fotométricas e a súa relación.
Tema 2: Diodos Emisores de Luz Principios de funcionamento do LED. Tipos de LEDs e propiedades. Parámetros e características. Circuítos de control. Aplicacións básicas.
Tema 3: Detectores Optoelectrónicos Resistencias Dependentes da Luz: Principios de funcionamento das LDRs, parámetros, circuítos de control e aplicacións. Fotodiodos: principio de funcionamento dos detectores fotoconductivos, tipos, parámetros, circuítos de control e aplicacións. Fototransistores: principios de funcionamento dos fototransistores, tipos, parámetros, circuítos de control e aplicacións. Comparación entre fotodetectores.
Tema 4: Células solares Detectores fotovoltaicos: principios e propiedades. Fabricación e prestacións dos paneis solares, parámetros e características. Aplicacións.
Tema 5: Diodos Láser Principios de funcionamento do láser. Tipos de láser. Funcionamento do diodo láser. Circuítos de control e aplicacións.
Tema 6: Sensores de Imaxe Principios de operación dos sensores CCD e CMOS. Parámetros e características. Detección de cor. Aplicacións.
Tema 7: Sensores Ópticos Principios de funcionamento dos sensores ópticos. Deseño interno, tipos, parámetros e aplicacións de: optoacopladores, sensores de detección de obxectos, lectores de códigos de barras, sensores de humidade, detección de cor, sensores de distancia, anemómetros, sensores de temperatura e sensores biomédicos.
Tema 8: Tecnoloxías de visualizadores Principios de funcionamento dos visualizadores de cristal líquido. Principios de funcionamento dos visualizadores LED e LCD. Introdución ás tecnoloxías de plasma, electroluminiscencia e procesadores dixitais de luz.
Tema 9: Introdución á Fibra Óptica Principios de funcionamento da fibra óptica. Clasificación das fibras. Emisores e detectores de fibra óptica. Principios das comunicacións baseadas en fibra óptica. Principio de funcionamento dos sensores de fibra óptica.
Prácticas de Laboratorio 1. Circuítos optoelectrónicos básicos. LEDs e LDRs. Medidas de laboratorio.
2. Modulación óptica analogica. Detectores ópticos baseados en fotodiodos e fototransistores.
3. Sensores optoelectrónicos para detección de obxectos.
4. Comunicacións dixitais baseadas en fibra óptica.
5. Circuítos ópticos para a medida de cor.
6. Sensor LASER para a medida de distancia. Medidas con espectrómetro
7. Outros sensores optoelectrónicos
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000