Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación (docencia en inglés)
 Materias
  Fundamentos de enxeñaría acústica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas con apoio das TIC Asistencia ás sesións prácticas na aula informática 1.5 B3
B5
B6
B9
B11
C34
C37
D3
D4
Prácticas de laboratorio Asistencia ás prácticas de laboratorio. 2.5 B3
B5
B6
B9
B11
C34
C37
D3
D4
Resolución de problemas e/ou exercicios Exame escrito de avaliación, con preguntas breves e problemas referentes aos contidos das sesións maxistrais 1 30 B3
B5
B11
C34
C37
Exame de preguntas obxectivas Exame sobre as sesións prácticas na aula informática 13.5 B3
B5
B6
B11
C34
C37
Resolución de problemas e/ou exercicios Exame sobre os exercicios das prácticas de laboratorio. 22.5 B3
B5
B6
B11
C34
C37
Resolución de problemas e/ou exercicios Exame escrito de avaliación, con preguntas breves e problemas referentes aos contidos das sesións maxistrais 2 30 B3
B5
B11
C34
C37
D3
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Seguindo as directrices propias da titulación ofrecerase a quen curse esta materia dous sistemas de avaliación: AVALIACIÓN CONTINUA, que é o método recomendado e ao redor do cal se organizan as actividades docentes e unha opción de AVALIACIÓN GLOBAL, que soamente se recomenda naquelas situacións nas que resulta imposible seguir o sistema recomendado.

Tipos e valoración de seccións:

* Sesións maxistrais. Valoración individual  (Peso: 60%)

* Prácticas en aulas de informática. Valoración individual  (Peso: 15%)

* Prácticas de laboratorio. Valoración individual  (peso: 25%)

AVALIACIÓN CONTINUA

Considerase que alguén segue o procedemento de avaliación continua cando se presente a algún exame despóis do primeiro mes de curso. 

De elixirse seguir a avaliación continua, a calificación final non poderá ser non presentado

A avaliación continua consta das probas que se detallan a continuación nesta guía. 

* Probas de resposta curta e problemas de sesións maxistrais.

* Prácticas en aulas de informática. A súa avaliación divídese entre a asistencia ás prácticas e o exame de preguntas obxectivas

* Prácticas de laboratorio. A súa avaliación divídese entre a asistencia ás prácticas e o exame sobre os exercicios das prácticas de laboratorio.

Co obxecto de garantir que os estudantes adquiren todas as competencias da materia, para aprobar será necesario cumprir conxuntamente estas dúas condicións:

1) Obter unha nota igual ou superior a un 4 (nunha escala de 0 a 10), no conxunto das actividades de cada tipo.

2)  Obter unha nota global, calculada como a suma das puntuacións das actividades ponderadas polo peso correspondiente, igual ou superior a un 5 (nunha escala de 0 a 10).

No caso de se cumprir soamente a condición 2) e non a condición 1), a nota global da asignatura será 4,9.

As prácticas e exames en avaliación continua non son recuperables

Os exames en evaluación continua só son válidos para a avaliación continua en oportunidade ordinaria.

AVALIACIÓN GLOBAL

Quen non opte por avaliación continua será avaliado/a a través dun único exame final na data oficial asignada polo Centro. Este exame final incluirá os contidos tratados en todas as actividades, de forma que se demostre que adquiriu as mesmas competencias que quen optasen pola avaliación continua.

Co obxecto de garantir que os estudantes adquiren todas as competencias da materia, para aprobar será necesario cumprir conxuntamente estas dúas condicións:

1) Obter unha nota igual ou superior a un 4 (nunha escala de 0 a 10), en cada unha das distintas seccións nas que se divide o exame. 

2) Obter unha nota global no exame igual ou superior a un 5 (nunha escala de 0 a 10).


Convocatoria en oportunidade extraordinaria:

Quen fose avaliada/o por Avaliación Continua pode optar entre dúas posibilidades o mesmo día do exame:

* Conservar a calificación correspondiente á súa asistencia ás prácticas e realizar todos os exames da Avaliación Continua na data oficial asignada polo Centro.

* Ser avaliada/o cun único exame final na data oficial asignada polo Centro, segundo o estipulado para o sistema de AVALIACIÓN GLOBAL.

Quen NON fose avaliada/o por Avaliación Continua:

* Será avaliada/o cun único exame final na data oficial asignada polo Centro. segundo o estipulado para o sistema de AVALIACIÓN GLOBAL.


Convocatoria fin de carreira:

En convocatoria fin de carreira, a/o alumna/o será avaliada/o cun único exame final na data oficial asignada polo Centro, segundo o estipulado para o sistema de AVALIACIÓN GLOBAL.

No caso de detección de plaxio en calquera das probas ou traballos, a calificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000