Guia docente 2023_24
Escuela de Ingeniería de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación (docencia en inglés)
 Materias
  Electrónica de potencia
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio As prácticas de laboratorio avaliaranse de maneira continua (sesión a sesión) tendo en conta a súa preparación previa e a execución no laboratorio. 10 C43
C44
Resolución de problemas de forma autónoma Encargarase a execución de varias tarefas ao longo do curso e a entrega do seu correspondente informe escrito. 10 C43
C44
Resolución de problemas e/ou exercicios Haberá dúas probas parciais que incluirán exercicios e problemas ligados aos conceptos teóricos e ás prácticas de laboratorio. Cada proba parcial terá como máximo unha cualificación do 40% da cualificación máxima da materia. 80 C43
C44
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para as oportunidades ordinaria e extraordinaria de avaliación poderase escoller entre avaliación continua ou avaliación global. O estudantado  que opte por avaliación global deberá notificalo por escrito no prazo de un mes dende o inicio das clases da materia.

As convocatorias de fin de carreira serán por avaliación única.

As datas e aulas das probas escritas serán as que aprobe e publique a Comisión Académica de Grao da Escola.

En caso de detección de copia en calquera das probas, a cualificación final será de suspenso (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos.

1. Avaliación continua

Comprenderá a realización de varias tarefas semanais, a preparación e execución das prácticas de laboratorio, e a realización de dúas probas de avaliación parcial.

1.1 Tarefas semanais

Ao longo do curso, encargarase a execución de varias tarefas individuais e a entrega dos seus correspondentes informes escritos. As tarefas semanais non serán recuperables. Pola correcta realización destas tarefas poderase obter ata o 10% da cualificación final da materia.

1.2 Prácticas de laboratorio

Realizaranse catro sesións de prácticas de laboratorio en grupos de duas persoas, que serán cualificados individualmente. As prácticas de laboratorio non serán recuperables. Pola correcta preparación previa e execución das prácticas de laboratorio poderase obter ata o 10% da cualificación final da materia.

1.3 Probas de avaliación parcial

Realizaranse dúas probas escritas individuais de avaliación parcial, nas que se poderá obter ata o 40% da cualificación final da materia en cada unha delas. Estas probas poderán recuperarse na oportunidade extraordinaria de avaliación.

  1. Primeira proba parcial: avaliaranse os contidos impartidos ata a data da proba.
  2. Segunda proba parcial: avaliaranse o resto dos contidos que non foron incluídos na primeira proba parcial.

2. Avaliación global

Consistirá nunha proba escrita individual con preguntas teóricas, problemas e exercicios que avaliarán tódolos contidos da materia, tanto teóricos como prácticos.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000