Guia docente 2023_24
Escuela de Ingeniería de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación (docencia en inglés)
 Materias
  Seguridade
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Práctica de laboratorio
Proba de grupo na que o profesor valorará a práctica de laboratorio, revisando o seu funcionamento cos integrantes do grupo presentes.
Esta proba realizarase na ultíma ou penúltima semana do cuadrimestre, segundo se publicará en Moovi nas primeiras semanas do cuadrimestre.
Todos os integrantes do grupo deben estar presentes no momento da presentación.
Realizarase unha entrevista de autoría da que se determinará o nivel de participación de cada alumno e da que, xunto co correcto funcionamento, se deducirá a nota individual.
25 B6
C28
D3
Traballo Proba de grupo. Valoración do proxecto ou traballo tutelado realizado polo grupo (tipo C). O grupo fará unha demostración ao profesor do proxecto ou traballo realizado e resultados obtidos. Esta proba realizarase na ultíma ou penúltima semana do cuadrimestre, segundo se publicará en Moovi nas primeiras semanas do cuadrimestre. Todos os integrantes do grupo deberán estar presentes no momento da presentación.
Realizárase unha entrevista de autoría da que se determinará o nivel de participación de cada alumno no proxecto e da que, xunto co correcto funcionamento, se deducirá a nota individual.
25 B4
B6
C28
D2
D3
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame final da materia. Este exame consta dun conxunto de exercicios/cuestións sobre os contidos dados no curso a partir da semana 7, o de todo o curso para aqueles alumnos que non superen a nota mínima no examen parcial.
25 B3
B4
C28
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame parcial da materia, obrigatorio para os alumnos que vaian por AC.
Este exame constará dun conxunto de exercicios/cuestións sobre os contidos dados ata aproximadamente a mitade do curso teórico.
25 B3
B4
C28
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
ELECCION DE AVALIACIÓN CONTINUA.

Por
defecto considerarase que o alumnado vai por avaliación continua (AC). Se
un alumno/a desexa ir por avaliación global (AG) deberá comunicalo ao profesorado
antes de concluir a semana 5 do curso académico. A comunicación sera por correo
electrónico.

OPORTUNIDADE ORDINARIA.

Avaliación continua (AC). A avaliación continua estará formada por:

  1. Traballo
    de laboratorio B, representando un 25% da nota. A data concreta da entrega publicarase en Moovi nas primeiras
    semanas do cuatrimestre, tras reunión de coordinación co resto das materias.
  2. Proxecto C, representando un 25% da nota. A data concreta da entrega publicarase en Moovi nas primeiras
    semanas do cuatrimestre, tras reunión de coordinación co resto das materias.

  3. Exame parcial dos contidos dados ata, aproximadamente, a mitade do curso,
    representando o 25% da nota. Este exame promediará co exame final se o
    alumno/a ten un mínimo de 3.5 puntos sobre 10. Se o alumno ten unha
    nota inferior a ésta deberá volver a avaliarse desta parte no exame
    final. A data de realización deste exame aprobarase nunha Comisión Académica de Grao e estará dispoñible ao principio do cuatrimestre. 
  4. Exame final, na data acordada en Xunta de Escola. Haberá dous casos:

  • Alumnos que superen a nota mínima do exame parcial. Neste exame
    entrarán os temas dados dende aproximadamente a mitade do curso ata o final. Representará un
    25% da nota total. Para poder superar a materia o alumno deberá obter
    neste exame unha nota mínima de 3,5 puntos sobre 10.

  • Alumnos que non superen a nota mínima do exame parcial. Neste
    exame entrarán todos os temas dados no curso teórico.
    Representará un 50% da nota total. Para poder superar a materia
    o alumno deberá obter neste exame unha nota mínima de 3,5 puntos
    sobre 10, con un mínimo de 3,5 puntos en cada unha das duas partes do exame.

Avaliación global (AG).
O alumnado que non elixa avaliación continua  fará un exame final
polo 80% da nota, xunto con as prácticas de laboratorio que completa o
outro 20%.

O exame final será o mesmo para todo o alumnado, tanto para os que opten por avaliación continua como para os que non.


OPORTUNIDADE EXTRAORDINARIA.

Para o alumnado que optase na convocatoria ordinaria por avaliación global,
realizarase un exame final cun valor do 80%, xunto co laboratorio que
representará o 20%.  Se garda a nota do laboratorio da oportunidade ordinaria.

O alumnado que optase durante o
cuatrimestre por AC, poderá seguir optando na oportunidade extraordinaria por AC ou ben
cambiar a avaliación global (o alumnado que así o faga deberá comunicalo explícitamente ao profesorado por correo electrónico, como mas tardar unha semana antes da data do exame extraordinario):

  • No
    primeiro caso, é dicir, de que sigan por AC na oportunidade extraordinaria, a nota final, ao igual que na convocatoria ordinaria, constara do 50% del examen teorico, 25% de la practica do laboratorio B e do 25% do proxecto C. Gardase, da oportunidade ordinaria, as notas do exame parcial e final (sempre que
    superasen a nota mínima) de práctica  de laboratorio e do proxecto C. Deberá presentarse ao exame final da oportunidade todo o alumnado que non superase a nota mínima teórica da oportunidade ordinaria, nalgunha das duas partes, mais so sera necesario realizar o examen da parte ou partes para as que non se alcanzara ese minimo (3,5).
  • No segundo caso,  é dicir de que se cambie de AC a AG  na oportunidade extraordinaria, realizarase un exame final polo 80% da nota e
    as prácticas de laboratorio polo 20%. Mantendrase a nota do laboratorio
    obtida na oportunidade ordinaria, axeitadamente porcentuada.

Os alumnos que cambien de AU a AC, mantendrán a nota do laboratorio
obtida na oportunidade ordinaria.

OUTRAS OBSERVACIÓNS.
  • Nota mínima en teoría. Óptese
    ou non por AC e independentemente da oportunidade, será obrigatorio
    sacar un mínimo de 3,5  puntos sobre 10 para AC e 4 puntos sobre 10 para AU no exame teórico, para poder aprobar a materia.
  • Considerarase
    a un alumno/a como "non presentado" se non seguíu a avaliación continua
    e non se presentou ao exame final. Do mismo xeito, se o alumno/a seguíu a
    avaliación continua (AC) e non se presentou o examen de ningunha das
    partes A,B e C , considerarase ao alumno/a como "non presentado".
  • As
    calificacións obtidas nas prácticas de laboratorio e proxecto en
    grupo soamente  serán válidas durante o curso académico en que se
    realicen.
  •  Se a nota total é igual ou superior a 5 pero non se acadou a nota mínima nalgunha, a nota final será 4.9 puntos (suspenso).
CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA (FIN DE CARREIRA).
    • Constará de:
      • Exame
        teórico (50%). Exame individual dos  contidos teóricos da materia representando o  50% da nota total. O  alumno debrá obter una calificación
        mínima de 3,5 puntos sobre 10 para aprobar a materia. 
      • Trabajo B de laboratorio, representando un 25% da nota total. 
      • Proyecto C, representando un 25% da nota total.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000