Guia docente 2023_24
Escuela de Ingeniería de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación (docencia en inglés)
 Materias
  Arquitectura e tecnoloxía de redes
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado O proxecto en grupo de carácter práctico en que se verá envolto o alumno determinará unha das notas, T, da nosa avaliación continua. O valor da nota (entre 0-10) dependerá da corrección da solución presentada polo grupo, da presentación/informe que a acompañe, da maior ou menor implicación do alumno no traballo desenvolvido, a das respostas a unha entrevista con cada membro do grupo que servirá para individualizar a nota acadada. 40 B1
B4
B6
C32
D2
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame parcial (Ep). É unha proba escrita de carácter teórico sobre os primerios catro temas da materia. Avalíase individualmente sobre un máximo de 10 puntos. 30 C30
C32
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba final (Ef). É unha proba escrita de carácter teórico e avalíase individualmente sobre un máximo de 10 puntos.
30 C30
C32
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación da materia poderá seguir a canle de avaliación continua ou ben avaliación global. Un alumno elixiría avaliación continua se se presenta ao exame escrito (Ep) que terá lugar cara á metade do cuadrimestre, e nunca antes da finalización do premeiro mes. As porcentaxes expresadas no epígrafe anterior só reflicten o máximo alcanzable en cada tipo de proba na modalidade de avaliación continua; e son só indicativos. A forma de avaliación detallada exprésase a continuación:

Para a avaliación continua, a nota final será a media xeométrica ponderada entre a nota do traballo tutelado (T) e a cualificación correspondente ao conxunto de probas de resposta (Y). A nota Y calcúlase como a media aritmética entre a nota do exame final (Ef) e a  nota do exame parcial (Ep).

Y = ½×(Ef + Ep)

NOTA FINAL= T^0,4×Y^0,6

Os alumnos opten por evaluación global deberán presentarse a un exame final que constará de dúas partes: unha proba teórica análoga á proba final da avaliación continua (Ef) e un traballo práctico individual (T). A nota final, neste caso, é a media xeométrica ponderada entre a proba teórica e o traballo práctico.

Finalmente, as probas da oportunidade extraordinaria e da convocatoria fin de carrera terán as mesmas características que o exame final que acabamos de describir, coa excepción de que os alumnos poderán herdar a nota dunha das partes (Ef ou T) se esta foi superada.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000